Deixámoste a Programación deseguido:
22:00 – O Golem
17 de xullo // As xornadas ábrense coa grande obra do Expresionismo Alemán. Un abraiante film baseado na famosa historia do Golem de Praga e adaptada polo cineasta Paul Wegener. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe “The First Film of Palestine”, a primeira testemuña audiovisual da Palestina otomana
22:00 – Amencer
18 de xullo // Unha das grandes películas da era silente, para moitos considerada a mellor película do cinema mudo; “Amencer” supuxo o debut en América de F. W. Murnau (tras facer en Alemaña filmes imprescindibles como “Nosferatu” ou “Fausto”. Unha historia que nos fala de amor, vinganza e redención cunha incomparable mistura de drama e comedia. A proxección do filme estará acompañada pola curtametraxe “A Corner in Wheat”.
21:00 – Especial Buster Keaton
19 de xullo // Un ano mais, Buster Keaton volve ser o fin de festa das xornadas cunha espectacular dobre sesión na que poderemos gozar de dúas das súas obras: a primeira, “Seven Chances” e a segunda, que poderá elixir o público durante o concerto!
Senda AR
Todos os días // Descobre as películas mudas como nunca o fixeras antes coa nosa experiencia de Realidade Aumentada, na que ao longo dos xardíns da Fundación poderás interactuar con personaxes e elementos das películas e descubrir unha morea de datos sobre elas. Hai unha experiencia inmersiva distinta agardando por ti cada día!
21:30 – Curtametraxes
17 e 18 de xullo // As dúas primeiras proxeccións acompañaranse dunha curtametraxe temáticamente relacionada.
19:30 – Escape Room Sherlock
Todos os días // Non só haberá películas. Mergúllate e resolve a misteriosa historia das xoias de “Sherlock Jr”. na nosa Escape Room virtual deseñado especificamente para os xardíns da Fundación Sales. A participacion no escape room está incluida no prezo da entrada.
21:50 – Screenings Fotográficos
Todos os días // Presentación dos traballos fotográficos “Un Viaje a Brobdingnag” (citar Blas), Los Invisibles (Francisco Uceda) e “Me llaman calle” (Jorge Lens). Poderánse gozar cada día entre a proxección da curtametraxe e a da longametraxe.
Ubicación: Jardín botánico Fundación Sales
52 Avenida Europa 36212 Vigo
Entrada: Desde 11,32 €