FESTAS NA HONRA A SANTA MARIÑA, VINCIOS-GONDOMAR

Programación pechada!! A Parroquia de Vincios celebrará a súa festa relixiosa en honor a súa Patrona, Santa Mariña do día 18 ao 22 de xullo. Non faltes!

Os asistentes os días festivos poderán desfrutar dos actos relixiosos e das  actuacións musicais que correrán a cargo das orquestras do momento.

Así, deixamos a programación desta festa a continuación:

Xoves 18 de Xullo: a primeira das xornadas en honor a Santa Mariña que se celebrarán na parroquia de Vincios, do municipio de Gondomar, comezará ás 12:00 horas có oficio da misa solemne en honor a Santa Mariña na Capilla de Sta. Lucía con procesión.

A partir das 17:30 horas terá lugar a Festa do Neno con hinchables, xogos, pintacaras, etc..

Venres 19: pola tarde, a partir das 19:30 horas, celebraranse as tradicionais poxas. Chegad a noite, ás 21:30 horas, terá lugar unha gran churrascada, amenizada pola charanga Vaide Baile e A Polémica Banda dos Bechucos, e para rematar a noite música da man de Dj Note e Dj Lauri.

Sábado 20: ás 12:00 oficiarase a misa solemne en honor á Virxe do Carmen na Iglesia de Sta. Mariña con procesión acompañada do grupo de gaitas Aires de Santes. A continuación, sesión vermú amenizada polo grupo de pandeiretas Froleada, o grupo de baile Froles do Galiñeiro e o Coro Cantares do Brión.

Ás 21:00 horas haberá unha tirada de Fogos, dando paso ás 22:30 horas á verbena amenizada pola orquestra Alcázar e Dj Ganxx.

Domingo 21: ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne en honor a Santa Mariña na Capela de Sta. Lucía con procesión e concerto a cargo da Agrupación Musical de Vincios ás 13:30 horas.

Ás 22:30 horas, a verbena estará amenizada polas orquestras La Ocaband e Fuego.

Luns 22, a última xornada festiva comezará ás 12:00 horas coa celebración da misa solemne en honor aos defuntos da parroquia, con procesión acompañada pola charanga Va K Pinta.

Pola tarde, ás 17:00 horas, celebraranse as tradicionais cucañas para todas as idades. A verbena fin de fiestas correrá a cargo da orquestra Olympus e o grupo La Banda de Ayer.

A Agrupación Musical de Vincios entrará no campo da festa, dando paso, media hora máis tarde, á misa solemne en honor a Santa Mariña seguida de procesión. Chegada a noite, a orquestra Fania Blanco Show e o trío Tic Tac serán os encargados de amenizar a verbena.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *