SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO MEDIANTE PROXECTOS RELACIONADOS COA INVESTIGACIÓN, A INNOVACIÓN E O EMPREGO

Prazo pechado!! O Concello de Vigo destina axudas que, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionados co sector secundario, poidan dar lugar a xeración de emprego e permitan facilitar a adquisición de experiencia; fomentar as actividades ocupacionais e informativas e fomentar a investigación e o desenvolvemento de proxectos que melloren a actividade económica. Clica xa!
Obxectivo

Conceder, en réxime de concorrencia competitiva, axudas económicas para o desenvolvemento de proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego a entidades sen ánimo de lucro, que se realizasen como máximo entre o 1 agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024.

Beneficiarios e requisitos

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarias as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  1. Que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións (RMA) con anterioridade a data de 24 de xuño de 2024.
  1. Que, teña como finalidade o obxectivo citado anteriormente, e que veñan desenvolvendo actividades de investigación e innovación en proxectos relacionados coa industria, cando menos 6 meses antes da publicación da convocatoria.
  1. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acrediten a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
  1. Que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), co Concello de Vigo e coa Seguridade Social. 
  1. Acompañar á solicitude a documentación preceptiva detallada na Base novena.
  1. Que as persoas físicas que ostentan a representación legal das entidades beneficiarias e os seus membros asociados, non estean incursas nalgún dos supostos de prohibición ou circunstancias previstas no art. 13 da LXS que impiden acadar a condición de beneficiario/a.
Accións subvencionables

Desenvolvemento de proxectos de investigación e innovación, preferentemente relacionadas có sector secundario, que poidan dar lugar a xeración de emprego e permitan:

  • Facilitar a adquisición de experiencia no ámbito da investigación e a innovación en sectores de interese para o emprego en Vigo e Galicia.
  • Fomentar as actividades ocupacionais e informativas de cara a unha integración laboral.
  • Fomentar a investigación e o desenvolvemento de proxectos que melloren a actividade económica, preferentemente do sector secundario, cara a incidir na mellora real e o incremento do emprego.
Gastos subvencionables

Considéranse gastos subvencionables os realizados dentro dos prazos establecidos na convocatoria entre o 1 agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024 derivados específicamente das contratracións de persoal e gastos de funcionamento realizadas para o desenvolvemento das actividades programadas, e que teñan acomodo no obxecto de convocatoria:

  • Custos salariais derivados do persoal contratado e/ou da entidade con cargo a subvención.
  • Custos de seguridade social a cargo da entidade do persoal contratado e/ou da entidade con cargo a subvención.
  • Gastos financieiros e de xestión relacionados coa posta en marcha do proxecto presentado.
  • Gastos de difusión, publicidade e asistencia a eventos.
  • Gastos de aluguer de locais e maquinaria.
  • Gastos de compoñentes necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
  • Gastos de transporte necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
  • Gastos de inscrición en feiras, competicións, simposios, xornadas …, co obxecto de expoñer e/ou compartir coñecementos e execución do proxecto innovador.
  • En xeral todos aqueles necesarios para a execución do proxecto ou proxectos presentados.

Non serán subvencionables:

  • Intereses, recargos e sancións administrativas e penais.
  • Os gastos de procedementos xudiciais.
  • Tampouco se considerarán como gastos subvencionables incluídos entre os custos salariais obxecto da subvención, os seguintes:
  1. A indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores.
  2. Os incentivos e complementos extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
  3. As vacacións pagadas, pero non desfrutadas.
  4. As horas extras ou traballos realizados fóra da xornada habitual de traballo.

En ningún caso, o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Incompatibilidades e concorrencia

Estas subvencións serán compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou organismos internacionais.

Criterios de valoración

Como criterios xerais de valoración para o outorgamento das subvencións, terase en conta:

  1. Calidade e viabilidade técnica e económica do proxecto. Ata 20 puntos.
  2. Valorarase o proxecto de actividades, atendendo ás mesmas de maneira individual e tendo en conta:
  • Que sexan capaces de xerar grupos de innovación na actividade económica de Vigo e o seu entorno, ou programas estables de innovación e investigación fronte a accións puntuais. 9 puntos.
  • Que se baseen na análise das necesidades existentes no entorno económico e laboral e, que teñan viabilidade técnica. 6 puntos.
  • Colaboración, coordinación e concertación dos proxectos con outras entidades asociativas e aposta pola promoción de alianzas e do traballo en rede. 5 puntos.

      2.       Áreas económicas relacionado co proxecto:

  1. Tecnoloxías da comunicación. 5 puntos
  2. Automoción 5 puntos
  3. Industria naval 5 puntos
  4. Enerxías renovables 5 puntos
  5. Biotecnoloxía 4 puntos
  6. Outras áreas e/ou sectores 2 puntos

     3.       Uso da lingua galega no/s proxecto/s 5 puntos

    4.        Número de persoas contratadas con cargo a esta subvención: 1 punto por cada contrato.

Contía

A contía total destinada a estas subvencións serán como máximo de 40.000 € (corenta mil euros), que se imputarán con cargo á partida 2410 4800008 “Axudas desenvolvemento de proxectos investigación relacionados ca investigación”, dos orzamentos xerais do Concello de Vigo.

  • O importe máximo da subvención ou axuda será de 15.000,00 €, e en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custe da actividade ou actuación subvencionada.
  • A concesión da subvención non xerará ningún dereito á percepción da mesma en futuras convocatorias.
Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 24 de xuño de 2024  e rematará o 5 de xullo de 2024.

Máis información

Acceso ó trámite de procedemento

       Código de procedemento: BDNS: 769262

Consulta a Base Reguladora das subvencións para o fomento do emprego mediante proxectos relacionados coa investigación, a innovación e o emprego.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *