SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS E DEPORTISTAS INDIVIDUAIS PARA COMPETICIÓNS OFICIAIS E EVENTOS DO CONCELLO DE REDONDELA

Prazo pechado!! Xa temos aquí as subvencións para asociacións deportivas. Non perdas un segundo máis e míraas.
Obxecto

A Concellería de Deportes ten como obxectivo fomentar a realización de actividades deportivas, a promoción e desenvolvemento da cultura física no municipio e facilitar a participación da veciñanza redondelá nas competicións deportivas oficiais nas modalidades existentes.

O obxecto é regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para:

  1. Organización de eventos.
  2. Participar en competicións oficiais.
  3. Participar en competicións oficiais de deporte adaptado.
  4. Deportistas individuais que participen en competicións oficiais.

As entidades que soliciten subvención como comprendidas no apartado b), non poderán solicitar subvención do apartado c); e viceversa.

Así mesmo, non poderán solicitar subvención os deportistas individuais que pertenzan a un club redondelá que solicitase subvención polos apartados a, b ou c.

Beneficiarios  e requisitos

Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións que outorgue este concello a persoa que realice a actividade que fundamentou o seu outorgamento ou que se atope na situación que lexitima a súa concesión.

Poderán ser destinatarios destas subvencións as asociacións deportivas radicadas no Concello de Redondela, que se atopen constituídas en forma e debidamente legalizadas no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Ser unha entidade sen ánimo de lucro que estea inscrita no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade superior a tres anos no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes. 
  2. Os peticionarios que participen en competicións deportivas oficiais dunha ou varias modalidades deportivas e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro Galego de Entidades Deportivas da Dirección Xeral de Deportes, e conten, como mínimo, co 35% dos deportistas con residencia en Redondela.

A condición de residencia non será aplicable nos casos de competicións de discapacitados. No caso da modalidade de subvención para deportistas individuais será requisito indispensable estar empadroado/a no Concello de Redondela.

  1. Non estar incursas nalgunha das circunstancias que recolle o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  1. Non ser tido sancionados pola federación deportiva correspondente no ano anterior a esta convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes provocadas polas persoas espectadoras e asistentes.
  1. Que as entidades non discriminen nos premios ou recoñecementos que outorguen ás persoas deportistas por razón de xénero. 
  1. Ter debidamente xustificadas as subvencións concedidas en anteriores convocatorias; ou ben ter solicitada unha prórroga debidamente xustificada e aprobada; ou ben ter presentado unha renuncia por escrito. 
  1. Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Redondela.

Quedan excluídos desta convocatoria:

  •  As actividades incluidas dentro do programa do Deporte en Idade Escolar da Dirección Xeral de Deportes, por estar íntegramente subvencionadas por dicho organismo.
  •  Actividades organizadas polo  Concello de Redondela.
  •  Actividades que non cumpran algún requisito das presentes bases.
  •  Aquelas actividades ou actos que inclúan tácita ou implícitamente contidos ou publicidade sexista e que se poidan considerar discriminatorias, vexatorias ou que xustifiquen, banalicen ou inciten a desigualdade entre xéneros ou a violencia de xénero.
  •  As escolas deportivas.
Gastos subvencionables

serán gastos subvencionables os que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido e que ademais estean efectivamente pagados con anterioridade á xustificación da subvención, salvo en casos de pagamentos a conta.

Non serán gastos subvencionables os de investimentos, inventariables ou análogos.

Incompatibilidades e concorrencia

Declárase a compatibilidade con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado (nacional, Unión Europea ou organismos internacionais), agás outras subvencións concedidas polo concello. Tampouco será compatible esta subvención no seu apartado de “Uso de instalacións” coas subvencións que este concello outorgue aos centros culturais parroquiais polos seus gastos correntes.

Criterios de valoración

O procedemento de outorgamento destas subvencións é o de concorrencia competitiva polo que a súa concesión realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas coa finalidade de establecer unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración.

Entre eles atópanse:

  1. Criterios para a concesión de subvencións pola organización de eventos.
  2. Criterios para a concesión de subvencións pola participación en competicións oficiais.
  3. Criterios para a concesión de subvención por participar en competicións oficiais de deportes para persoas con discapacidade.
  4. Criterios para a concesión de subvención a deportistas individuais que participen en competicións oficiais.
Contía

O crédito global que se dispón para o outorgamento das subvencións a conceder será de 200.000 euros e disponse da seguinte maneira:

  • Para participar en competicións oficiais ata un máximo de 188.000 euros.
  • Para participar en competicións oficiais de deportes para persoas con discapacidade ata un máximo de 4.000 euros.
  • Para as competicións nas que participen deportistas individuais ata un máximo de 2.000 euros.
  • Para organización de eventos ata un máximo de 6.000 euros.

A subvención non poderá exceder do 50% do orzamento da entidade deportiva por participar en competicións oficiais ou por organizar eventos segundo o establecido na letra A) da base sétima. Naqueles casos nos que o orzamento de gastos da entidade supere o 10% respecto ao orzamento de ingresos, terase en conta como cantidade límite a do orzamento de ingresos.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de xuño e rematará o 28 de xuño de 2024.

No caso de solicitar “Promoción Redondela”, eventos e deportistas individuais o prazo rematará o 1 de novembro.

Máis información

Acceso ó trámite de procedemento

       Código de procedemento: BDNS: 765501

Consulta as Bases e convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións deportivas e deportistas individuais para participar en competicións oficiais e para organizar eventos deportivos

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia ou contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *