Obxecto
Financiar os investimentos e gastos correntes do sector pesqueiro permitindo que as confrarías teñan influencia en diferentes aspectos do desenvolvemento sostible, principalmente no ámbito local.
Beneficiarios
Confrarías de pescadoras e pescadores, a Federación de Confrarías ou as agrupacións de mariscadoras legalmente constituídas e que pertenzan á provincia de Pontevedra.
Os investimentos subvencionados deberán manterse durante un período mínimo de 4 anos.
Actividades subvencionables
As entidades poden presentar unha solicitude para cada unha das liñas e polo tanto, poderá concedérselles unha subvención por cada unha das liñas solicitadas.
Liña 1: Investimentos:
- Material para vixilancia.
- Elementos de transporte.
- Equipos informáticos, impresoras, etiquetadoras.
- Mobiliario.
- Caixas e palés reutilizables.
- Construcións.
- A formación técnica e o asesoramento para desenvolver a actividade das confrarías e da Federación de Confrarías.
Sempre e cando estas actuacións se contabilicen pola entidade beneficiaria en contas contables do grupo de inmobilizado.
Liña 2: Permitirase subvencionar, con carácter extraordinario, actuacións que teñan como obxecto o seguinte gasto corrente:
- Combustible e electricidade.
- Adquisición de semente de moluscos bivalvos.
- Gastos de persoal.
Criterios de valoración
- Número de socios e socias da entidade: ata 20 puntos.
- De 0 a 100: 10 puntos
- De 101 a 300: 15 puntos
- Máis de 300: 20 puntos
- Porcentaxe de mulleres que integran os órganos reitores da entidade solicitante: ata 20 puntos.
- Do 10% ao 30%: 5 puntos
- Do 31% ao 49%: 10 puntos
- Do 50% ao 60%: 15 puntos
- Máis do 60%: 20 puntos
- Adecuado cumprimento e xustificación de anteriores subvencións: ata 15 puntos.
- Cumprimento e xustificación do 100% do orzamento: 15 puntos.
- Cumprimento e xustificación do 50% do orzamento: 5 puntos.
- Cumprimento e xustificación de menos do 50%: 0 puntos.
- Investimentos en proxectos para as mariscadoras:
- Si: 25 puntos
- Non: 0 puntos
Contía
Esta axuda conta cun crédito total de 250.000€ divididos en 75.000€ para investimentos e 175.000€ para gastos correntes.
A porcentaxe máxima subvencionable será de 80% do orzamento.
Limitacións:
- Importe do orzamento de gastos: máximo 40.000€
- Importe da subvención mínimo de 600€ e máximo de 20.000€
Prazo
Ata o 7 de xuño.
Máis información
Acceso ó código de procedemento:
- Código de procedemento: 750588
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación só ten fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.