DOAZÓN DE ESPECIES VEXETAIS PARA A SÚA PLANTACIÓN EN XARDÍNS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2024

Eres un particular, unha asociación, centro educativo ou unha institución e contas cun xardín aberto ó público? Sabías que a Deputación de Pontevedra pode doarche ata 35 exemplares para plantación?
Obxecto

  Propagar especies vexetais (ornamentais, forestais e froiteiras) grazas á Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) excedentes dos traballos de investigación en desenvolvemento, especialmente do xénero Camellia, para plantar en concellos, centros educativos, institucións ou asociacións e particulares da provincia de Pontevedra, todos eles con xardíns abertos ao público, coa finalidade de enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal dos parques e xardíns da nosa provincia, mellorando a oferta turística e a paisaxe e preservando os valores ambientais que poidan verse afectados pola execución dos xardíns.

  Para ampliar a diversidade de plantas, e pola finalidade didáctica da acción, en todos os casos entregarase un máximo de 5 exemplares da mesma especie ou cultivar por persoa ou entidade beneficiaria.

 Beneficiarios

  Poderán acceder á convocatoria todos os concellos, centros educativos, comunidades de montes, institucións ou asociacións e particulares da provincia de Pontevedra sempre que teñan xardíns abertos ao público de maneira gratuíta. 

  A través da ligazón á web da Deputación de Pontevedra pódese ver a listaxe de todas as especies deste viveiro.

  Cada persoa ou entidade beneficiaria poderá solicitar ata 35 exemplares de diferentes especies ou cultivares.

Obrigas das persoas beneficiarias

 As persoas beneficiarias deberán identificar os exemplares entregados cunha placa segundo o anexo 2

As placas poderán levar ademais o logo do concello, organismo, colexio, asociación etc. En caso de que se trate dunha camelia, a placa deberá levar tamén o logo da colección de camelias da Deputación de Pontevedra. 

 Cando a finalidade sexa a inclusión do xardín nun proxecto provincial, nacional ou europeo de carácter turístico, educativo ou de calquera outra índole, as persoas beneficiarias deberán colocar no xardín, na zona de plantación, unha placa na que se faga constar que os exemplares entregados proceden da Deputación de Pontevedra segundo o anexo 2.

  Ademais, para reforzar o carácter formativo e didáctico da doazón, as entidades beneficiarias deberán elaborar, para os efectos de estar dispoñibles para as e os visitantes dos xardíns ou para actividades nos colexios, unha ficha informativa na que figure, das diferentes especies recibidas, o seguinte contido mínimo: o logo actualizado da Deputación de Pontevedra, o xénero botánico e a especie da que se trata, o nome común e o código QR para acceder á web da Deputación de Pontevedra que figura no anexo 1, a continuación do nome de cada unha das especies. As fichas poderán levar ademais o logo do concello, organismo, colexio, asociación etc.

  Tamén, as persoas beneficiarias responsabilizaranse da realización dun plan de mantemento, como mínimo durante 5 anos (en función da especie botánica e dos exemplares recibidos) segundo estas indicacións.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 9 de maio de 2024 e rematará o 30 de novembro de 2024.

Máis información

Consulta as Bases reguladoras da convocatoria para participar na doazón de especies vexetais para a súa plantación en xardíns públicos da provincia de Pontevedra.

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *