XLII FESTA DOS MAIOS 2024

Programa pechado!! Chega a festa da luz da man da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello. A festa da colleita, a festa máis plástica, a XLII Festa dos Maios do Casco Vello.

Aproxímase este domingo 12 de maio unha cita ancestral que, segundo contan as lendas, festéxase dende o periodo neolítico, coa aparición da agricultura.

Trátase dun marabilloso festexo, que traslada ás rochas centenarias do barrio histórico de Vigo o costume dos nosos antepasados de invocar aos dioses para pedir colleitas de calidade. Na súa manifestación máis habitual, a festa consiste en realizar diversas representacións (a través da música e a poesía) ao rededor dunha árbore ou escultura, chamada maio, consistente nunha armazón ou esqueleto de paos ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto dunha tea metálica, que se cobre de mofo, hinoxo ou herba.

En moitos lugares esta celebración de primaveira foi cristianizada e se levantan sobre unha cruz. Aínda en Galicia os observarás en cantidade de ocasións sobre o chan. Non será a primeira cita deste evento, xa que este xoves traballadores, traballadoras e persoas usuarias da Plataforma Social Calvario uníronse para chear de frores a Praza da Memoria Martínez Garrido. Persoas con síndrome de Down, diferentes tipos de discapacidade, etnias e colectivos uníronse para crear grandes árbores de frores mentres disfrutaron da actuación de Acordeireta.

Dicir tamén como información interesante é que esta plataforma, creada no ano 2023 está formada pola Asociación Érguete, Down Vigo, Afaga Alzhéimer, Arela, Secretariado Gitano, Igualarte, Párkinson Vigo, Asem, Apamp, Fundación Érguete-Integración, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Centro Municipal de Bienestar Social Rivera Atienza e o centro social Rivera Atienza.

Para máis información acaerca da programación deste evento clica na seguinte ligazón: Casco Vello Asociación Veciñal | Vigo | Facebook

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *