SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2024

Prazo pechado!! Descubre estas subvencións dirixidas a apoiar entidades sen fins de lucro no desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra no ano 2024.
Obxecto

Estas axudas están destinadas a organización de festivais ou certames cinematográficos de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen especial atención á programación e a difusión do cine galego e as demais variantes lingüísticas de produción.

Entidades beneficiarias

As que cumpran os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Ter o domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
  • Inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade pu prohibicións para percibir subvencións públicas.
  • Non estar incursas en ningunha das prohicións para percibir subvención recollidas na lei. 
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias.

Estas axudas son compatibles con outras subvencións ou patrocinios, públicos ou privados, para o mesmo proxecto ou finalidade. 

As entidades beneficiarias serán as únicas responsables da realización dos festivais, das obrigas fiscais e de seguridade social.

Requisitos das entidades subvencionables
  • Levarse a cabo durante o ano 2024.
  • Realizarse dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
  • Ter unha duración mínima de catro xornadas e realizar un mínimo de vinte proxeccións.
  • Incluír na programación a proxección de, como mínimo, cinco sesións ou un 10% de títulos de produción cinematográfica ou de dirección galegas. 
  • Levar un mínimo de catro edicións consecutivas anteriores a esta convocatoria, coa excepcionalidade do ano 2020 (COVID-19).
  • Incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas.
  • Empregar a lingua galega, como mínimo na comunicación nos diferentes soportes e no desenvolvemento das actividades paralelas.
Gastos subvencionables
  • Infraestructuras e espazos para as proxeccións.
  • Gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais.
  • Xestión de películas.
  • Edición de publicacións: gastos de edición do catálogo e dos folletos de programación do festival, certame ou premio.
  • Comunicación e prensa.
  • Publicidade e difusión.
  • Gastos das e dos convidados directamente relacionados co festival.
  • Premios ou galardóns oficiais: premios económicos outorgados polo festival, gastos pola fabricación de figuras, galardóns ou trofeos similares que se entreguen como premios do festival ou certame.
  • Gastos de implantación de medidas de seguridade hixiénico-sanitarias e laborais.

Todos os gastos subvencionables deberán pagarse antes de finalizar o prazo de xustificación e non se admitirán aqueles superiores aos do mercado. 

Non serán subvencionables
  • Os gastos ordinarios de funcionamento e mantemento da entidade e da promotora ou do promotor, tales coma alugueiros de locais, gastos financeiros, licenzas, impostos, asesoría legal, consumos ordinarios (electricidade, gas, auga), entre outros.
  • Os gastos de soldos, salarios ou calquera outro tipo de retribución ou remuneración, seguros sociais ou retencións de impostos da promotora ou do promotor, se é persoa física, ou das persoas pertencentes á entidade promotora do festival ou certame.
  • O investimento ou a adquisición de material ou equipos que supoñan algún incremento do patrimonio da entidade solicitante.
  • Os gastos protocolarios de festas, cócteles, degustacións gastronómicas ou outros eventos similares.
  • Os gastos excluídos no artigo 23 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra.
Valoración e concesión

A) Criterios de valoración da edición anterior.

  • Contribución ao fortalecemento do sector audiovisual galego: ata 10 puntos
  • Presenza de obras cinematográficas de autoras e autores de fóra de Galicia: ata 10 puntos.
  • Número de sesións de proxección desenvolvidas en todo o festival: ata 10 puntos.
  • Asistencia ás proxeccións da edición anterior: ata 5 puntos.
  • Actividades e accións paralelas desenvolvidas na edición anterior: máximo de 35 puntos
  • Esforzo de difusión e impacto social do festival na edición anterior: ata 10 puntos
  • Relación dos eventos e das entidades de fóra de Galicia cos que o festival colaborou na edición anterior (1 punto por cada evento ou entidade colaboradora) : ata 5 puntos
  • Viabilidade do proxecto: ata 25 puntos

B) Criterios de valoración da proposta para o ano 2024.

  • Antigüidade do festival: ata 25 puntos
  • Actividades e accións paralelas previstas: ata 35 puntos
  • Viabilidade do proxecto: ata 20 puntos
  • Custo total do proxecto subvencionable (co IVE, salvo no caso de ser deducible): ata 30 puntos

C) Calidade e interese da programación do festival. Terase en conta:

  • Temática, especialización e diferenciación con respecto a outros festivais ou certames do panorama galego e estatal. 
  • Contribución ao aumento das posibilidades de difusión posterior nos ámbitos nacional e internacional das obras presentadas.
  • Calidade das proxeccións.
  • Compromiso e as accións para a necesaria paridade de xénero como elemento democratizador.
  • Principios paritarios no contido, equipo organizativo e xurados avaliadores.
  • O tratamento das copias e demáis condicións que aseguren unha adecuada exhibición das obras audiovisuais. 
  • Número de obras en primeira presentación oficial con respecto a Galicia e a España.

Rexeitaranse as solicitudes que non acaden un total de 100 puntos, puidendo acadarse un máximo de 60 puntos para a edición anterior e a traxectoria do festival e un máximo 40 para o proxecto actual.  

Para o resto dos festivais a repartición proporcional dos importes efectuarase a partir de ese valor mínimo establecido.

Prazo

Do 11 de Abril ata o 10 de Maio de 2024.

Contía

A Axuda para a realización de festivais e certames será como máximo do 50% do orzamento presentado para levalos a cabo.

Máis información

Consultar as BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2024

Código de procedemento de tramitación:   715885

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *