AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES 2024

Prazo pechado!! A Secretaría Xeral da Igualdade convoca dúas liñas de axudas para impulsar e dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos valores e finalidades destas entidades.
Obxecto

A Secretaría Xeral da Igualdade establece a convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

  • Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
  • Liña 2: Promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mullers en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Persoas beneficiarias

As Asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas sen ánimo de lucro sempre que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter domicilio social en Galicia.
  • Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuír a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social.
  • As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90 % das persoas asociadas.
Accións subvencionables

Liña 1: Poderán ser obxecto de subvencións os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024, ambos os dous incluídos.

Gastos subvencionables
  • Gastos de alugamento do local destinado a sede da asociación/federación.
  • Gastos de administración xeral e material funxible de oficina, material informático non inventariable, gastos de correo e outros análogos.
  • Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación/federación.
  • Gastos ocasionados por obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teña carácter de inventariable.
  • Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación/federación.
  • Gastos de seguros de responsabilidade civil e de seguros multirrisco.
  • Gastos de instalación e mantemento de liñas de acceso á internet, mantemento de equipamentos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación/federación.

Liña 2: promoción de actuacións e actividades realizadas entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024, ambos os dous incluídos, e que correspondan a algunha das seguintes tipoloxías que aparecen cos seus respectivos gastos subvencionables:

  • Actuacións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero:
  • Actuacións para o apoderamento e participación activa: actividades de información e formativas para impulsar e promover a motivación, o apoderamento, o liderado, a participación das mulleres no ámbito público, etc.
  • Acutacións dirixidas a facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres: de carácter formativo, tendo en conta o traballo de prevención da violencia de xénero e a ruptura do silencio.
  • Actuacións específicas dirixidas á prevención da violencia contra as mulleres e ao acompañamento das vítimas: actividades e actuacións de difusión, campañas de sensibilización e de prevención e acompañamento das vítimas da violencia de xénero, etc.
Gastos subvencionables
  • Gastos do persoal contratado especificamente para o desenvolvemento das actuacións e actividades para as cales se solicita axuda.
  • Gastos das persoas relatoras: honorarios, aloxamento, transporte.
  • Gastos derivados da realización da actuación ou actividade subvencionada: elaboración ou adquisición de materiais e publicacións específicas para o desenvolvemento da actividade, gastos de publicidade e difusión, así como da oficina necesario para a súa realización.
  • Outros gastos correntes directamente derivados da realización da actuación e actividade subvencionada que estean xustificados e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

*Está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables ata o 80 %.

*Non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto, agás o imposto sobre o valor engadido non susceptible de repercusión ou compensación.

Criterios de valoración

Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos serán remitidos á Comisión de Valoración, que se rexirán polos seguintes criterios:

Criterios específicos para a liña 1:

  • Domicilio social por grao de urbanización (zonas densamente poboadas –ZDP-, intermedias –ZIP- e pouco poboadas –ZPP-:
  • En ZDP: 15 ptos.
  • En ZIP: 20 ptos.
  • En ZPP: 25 ptos.
  • Por contar con páxina web propia e actualizada na cal se difunda a actividade da asociación/federación e noticias de interese no ámbito de igualdade de oportunidades: 5 ptos. 
  • Incorporación de socias con discapacidade ou menores de 40 anos de idade, nos últimos 2 anos: máximo 5 ptos. (0,50 ptos. por cada unha delas).
  • Apoio a asociación de nova ou recente creación: 10 ptos. para aquelas que teñan unha antigüidade non superior a 3 anos.

Criterios específicos para a liña 2:

  • Calidade técnica das actuacións e actividades para as cales se solicita subvención: ata 20 ptos.:
  • Diagnóstico e obxectivos das actuacións e actividades: ata 5 ptos.
  • Contido técnico das actuacións: ata 13 ptos.
  • Innovación: ata 2 ptos.
  • Pola duración, continuidade e número de actuacións e/ou actividades que se van desenvolver: ata 15 ptos.
  • Polo número de actuacións que se desenvolvan: 5 ptos. por actividade ata un máximo de 15 ptos.
  • Pola duración e continuidade das actuacións que se van desenvolver: ata tres meses, 4 ptos.; máis de tres meses e ata seis meses, 8 ptos.; máis de seis meses e ata nove meses, 12 ptos.; máis de nove meses, 15 ptos.
  • Ámbito territorial en que se desenvolverán as actuacións e actividades: ata 15 ptos. segundo o seguinte:
  • ZPP: 15 ptos.
  • ZIP: 12 ptos.
  • ZDP: 10 ptos.
Contía
  • Liña 1: a contía máxima de axuda para esta liña é de 4.000 €.
  • Liña 2: a contía máxima de axuda que se pode conceder para esta segunda liña é de 6.000 €.
Prazo

Dende o 11 de abril ata o 10 de maio de 2024

Compatibilidade

Estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade.

No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necearia ata o cumprimento do establecido anteriormente. 

Máis información

Consultar a RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2024

Código de procedemento: SI437A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto con oso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono: 986 42 33 66.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *