O Servizo de Xuventude e Reto Demográfico creouse para promover a participación da xuventude da provincia de Pontevedra e garantir as condicións necesarias para que esta poida desenvolver proxectos de vida no seu lugar de orixe. Para isto convócanse estas axudas en concorrencia competitiva.
Beneficiarios
- As asociacións xuvenís prestadoras de servizos dirixidos á mocidade, sen ánimo de lucro, non sometidas a ningún réxime asociativo específico e con sede social ou cunha delegación na provincia de Pontevedra.
- Os grupos formados por un mínimo de 3 e un máximo de 8 persoas (aínda que carezan de personalidade xurídica), de entre 18 e 35 anos, que propoñan un proxecto de interese xeral e social.
Só se poderá presentar un proxecto por asociación ou grupo informal solicitante.
Gastos Subvencionables
- Actividades desenvolvidas do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.
- Os gastos ordinarios e de funcionamento da asociación e/ou entidade cando estean asociados ao proxecto e recollidos no orzamento de gastos, sen superar o 10% do orzamento total.
- O alugamento de espazos e/ou equipamento necesario para poñer en marcha o proxecto, o seu importe non poderá superar o 40%.
- Os gastos de desplazamento, aloxamento e manutención, que non superen o 20% do orzamento total.
- Se o proxecto inclúe formación, serán financiables os honorarios das e dos docentes, así como o seu desprazamento e manutención, sempre que o prezo se axuste ao valor do mercado.
- Os custos do persoal contratado para poñer en marcha a iniciativa ata un límite do 30% sobre o total do orzamento.
- O custo de adquisición de equipamento e material non inventariable (o conxunto non poderá superar os 900 €).
Proxectos subvencionables
- Iniciativa empresarial: no ámbito do emprendemento xuvenil, empregabilidade, fomento dos sectores emerxentes no sector das novas tecnoloxías e proxectos sostibles que contribúan ao desenvolvemento e á dinamización do medio rural.
- Vida saudable e loita contra a violencia e as conductas de risco: que sensibilicen sobre a saúde mental, a prevención do suicidio e que persigan a igualdade das persoas trans e garantan os dereitos das LGTBI.
- Fomento da cultura en todas as súas áreas de innovación, así como promoción dos sectores científico, tecnolóxico e dixital, e das ciencias xurídicas e sociais.
- Creación de consellos locais de xuventude e fomento do asociacionismo e do voluntariado xuvenil.
- Promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural.
- Protección do medio e loita contra o cambio climático.
Obrigas das entidades beneficiarias
- Incluir unha imaxe que faga constar a colaboración do organismo provincial.
- Achegar un documento probatorio: unha foto, unha folla de xornal ou unha captura de pantalla da web e/ou das redes sociais desta publicidade.
Incompatibilidades / compatibilidades
Estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, sempre que a contía total das subvencións non supere o custo real da actividade subvencionada.
Por outra banda, son incompatibles coa percepción de subvencións de concesión directa do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico.
Contía das axudas
O importe máximo subvencionado será de 5.000 €
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 16 de febreiro e reamata o 15 de marzo de 2024.
Máis información
CÓDIGO BDNS: 743621
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.