Obxecto
Concesión de subvencións para a execución de actuacións de comercio sustentable e circular.
Para a concesión destas subvencións destinarase o seguinte crédito:
- Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns: 1.015.000,00 €
- Asociacións de comerciantes: 485.000,00 €
Persoas beneficiarias
Persoas beneficiarias
- Comerciantes retallistas: as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que teñan a condición de peme , incluídas as persoas en situación de autoemprego. Para a consideración de pequena e mediana empresa establecerase que:
- Que estean dadas de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal.
- Obradoiros artesáns: que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Asociacións de comerciantes: de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos. Deberán ter unha antigüidade mínima de tres anos na data de publicación desta orde e estar ao día na obriga de aprobación das contas anuais.
Actuacións subvencionables
Adquisición de solucións sustentables de envasado e empaquetado realizadas con materiais cen por cento naturalmente biodegradables ou ecolóxicos. Acreditar a sustentabilidade dos materiais utilizados mediante certificación, norma ISO ou equivalente que garanta que os produtos foron elaborados con prácticas sustentables e responsables.
Consideraranse subvencionables:
- Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
- Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.
- Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.
- Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.
- Film de material biodegradable.
- Etiquetas.
- Pegamento e cinta adhesiva.
- Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
- Asociacións de comerciantes:
- Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.
Non se considerarán gastos subvencionables:
- Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
- As bolsas comerciais e demais elementos de plástico.
- As actuacións desenvolvidas en establecementos de hostalaría.
- As actuacións que inclúan publicidade, imaxes ou calquera outro contido sexista ou discriminatorio, ou que non respecten a normativa vixente sobre o uso correcto do idioma.
Investimentos máximos subvencionables
Investimentos máximos subvencionables:
- Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
- Asociacións de comerciantes:
O investimento mínimo que cómpre realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 1.000,00 €.
Intensidade da axuda:
Porcentaxes da subvención sobre os investimentos máximos subvencionables.
- Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:
- Asociacións de comerciantes: 90 %.
Prazo
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de outubro de 2023.
Máis información
Acceder ao procedemento de tramitación:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, podes poñerte en contacto co noso Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE), chamando ao teléfono 986 42 33 66.
En réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis |