TURISMO ACCESIBLE: ASOCIACIÓN ÍNTEGRO LANZA UNHA CAMPAÑA DIVULGATIVA PARA PROMOVER CMA TURISMO PARA TODAS

Prazo aberto todo o ano. Trátase dunha área de traballo orientada a estudar, avaliar e promover unha sociedade máis inclusiva e igualitaria en materia de accesibilidade universal na Costa da Morte.

Podes atopar información no seguinte enlace: integro.es

Na actualidade, Galicia é a comunidade autónoma con maior número de persoas con discapacidade (116 por cada 1.000 habitantes) e, en comparación co resto de España, sitúase moi por debaixo da media en materia de accesibilidade. Na Costa da Morte, arredor de 9.385 persoas posúen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, segundo datos de 2022. Ante esta situación, desde a asociación Íntegro creouse unha área de traballo destinada a estudar, avaliar e promover unha sociedade máis inclusiva e igualitaria en materia de accesibilidade universal na Costa da Morte: o CMA Turismo para todas, desde onde se impulsan iniciativas específicas para a mellora do turismo accesible na nosa contorna e se ofrece asesoramento profesional en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras a empresas, asociacións e institucións públicas e privadas.

Se es empresa, asociación, administración pública ou tes un proxecto, idea ou actividade profesional vinculada ao sector turístico, achégate á oficina do CMA Turismo para todas, situada no lugar de A Pedra, 30. Nantón (Cabana de Bergantiños), ou solicítanos información a través do correo electrónico accesibilidade@integro.es, na web  www.integro.es e/ou no teléfono 650 961 649.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *