Podes encontrar información no seguinte enlace: cemit.xunta.gal
Publicada a convocatoria e as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT para o ano 2023, no Diario Oficial de Galicia de 24 de julio (DOG nº 140)
Estes premios, teñen por obxectivo recoñecer aquelas iniciativas e dinamizadores (axentes TIC ou responsables de aula) que desenvolven accións de transformación dixital e que contribúen a reducir a brecha de acceso e uso das tecnoloxías dixitais e mellorando a empregabilidade e as competencias dixitais da cidadanía.
Así, premiaranse aquelas iniciativas máis creativas, orixinais e mellor desenvolvidas nas cales se empregasen algúns dos complementos tecnolóxicos punteiros cos que foron dotadas as aulas CeMIT durante este ano: lentes de realidade virtual, drons, kits de robótica, impresoras 3D ou kits de placas de comunicación e programación.
Existen 2 categorías de premios, dotada cada unha delas de 2.000 euros (no caso de persoa individual) ou 3.000 euros se a solicitude é dun equipo:
Espazo maker: destinada ás iniciativas destinadas a infancia/mocidade e/o adultos
Maiores dixitais: destinada ás iniciativas destinadas a persoas maiores
O prazo para a presentación de solicitudes é de 25/07/2023 ata 25/09/2023.