O especialista de cine inmortal

Vigo réndese ante o mito de Luis Bar Boo na estrea do seu documental

Os cines Tamberlick de Vigo encheron a súa sala principal para a estrea en Galicia do documental Bar Boo, unha homenaxe ao lendario actor e especialista vigués Luis Bar Boo. A proxección, integrada na sección GFFF Expanded do Galician Freaky Film Festival, chegou á cidade olívica tras o seu exitoso paso polo prestixioso Festival de Sitges o pasado 10 de outubro.

O filme é o resultado de dous anos de investigación para rescatar do esquecemento a un profesional que participou en máis de 200 películas e traballou con grandes figuras de Hollywood (chegando a «morrer» a mans de Clint Eastwood ou compartindo pantalla con Conan o Bárbaro). O proxecto reivindica un recoñecemento público na súa cidade natal para Luis, quen pertence a unha ilustre familia viguesa: fillo de Pepe Bar (fundador do Celta) e irmán de Xosé Bar Boo (recoñecido arquitecto).

O evento contou co equipo técnico principal (Josiño Araújo, Rubén Di Groovie, Xavier Bertolo e Miriam P. Álvarez) e gran parte da familia Bar, iniciando agora a súa xira por festivais de cine.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *