As asociacións veciñais e culturais sodes o corazón do noso pobo, tendes nas mans a chave para que o outono convertase nun estallido de ledicia, música e reencontro.. Imos facer un percorrido por esas frases que marcan o ritmo do noso outono.
“Cando o outono entra con vento, mólleme o lombo e quénteme o peito”, porque contra o frío que vén, nada mellor que a calor da veciñanza.
“Polo Samaín, o tempo volve ruín”. O outono xa está aquí, e con el, Galicia muda de pel. os días acúrtanse e os soutos desvístense.
É o momento de recoller os froitos da horta: “Polo San Simón, a cabaza no currón” Ë perfecto para encher os locais sociais de rapaces baleirando cabazas, facendolles acenos asustadores e poñéndolles candeas para alumar os camiños.
As cociñas énchense co recendo das chulas e os caldos, lembrando que: “A cabaza, cando ferve, na pota espaza”.
O refrán de que a ninguén se lle escapa o cambio de ciclo: “A cada porco lle chega o seu San Martiño”. É o tempo da matanza, da fartura e de compartir o que deu a terra tras o verán: “Bendito San Martiño, que trae a castaña e mais o viño”, mentres nos tiznamos co carbón porque “Quen non queima no magosto, non sabe a que sabe o outono”.
Despois de todo, a calor máis grande non vén da fogueira, senón de compartir, traballar xuntos e soster o que nos define.

