Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria pola que se rexerán a concesión, o seguimento e a xustificación de subvencións destinadas á recuperación e á posta en valor dos bens que integran o patrimonio marítimo-fluvial na provincia para o seu uso en actividades de promoción sociocultural.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán solicitar estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial de Galicia
Requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Desenvolver a súa actividade no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.
- Ser titulares dos bens obxecto de rehabilitación ou mellora. Estes deberán ser de construción e tipoloxía tradicionais, feitos con elementos e procedementos tradicionais.
- Empregar os bens en actividades de promoción sociocultural; non poderán destinarse á pesca nin á acuicultura.
- Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS.
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra
GASTOS E LIÑAS SUBVENCIONABLES
Os gastos subvencionables comprenderán os traballos de recuperación de todos aqueles bens de interese que integran o patrimonio marítimo e fluvial na provincia.
As entidades solicitantes deberán seleccionar unha das seguintes liñas de actuación:
• Liña 1. Embarcacións tradicionais.
• Liña 2. Aparellos de pesca e demais elementos vinculados á cultura marítimo-fluvial.
• Liña 3. Construcións e instalacións en terra.
CONTÍA
O importe máximo da subvención para cada actuación non poderá exceder o 80 % do seu orzamento nin superar o importe de dez mil (10.000,00) euros.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos seguintes criterios de valoración:
- Interese do ben obxecto de restauración desde o punto de vista histórico e cultural (de 0 a 40 puntos):
- Proxecto de recuperación do ben (de 0 a 40 puntos)
- Actividades de posta en valor do patrimonio marítimo-fluvial (de 0 a 20 puntos)
Unha vez analizada a proposta, a Comisión de Valoración outorgaralle unha puntuación, que deberá acadar un mínimo de 50 puntos en total para que a actividade poida subvencionarse.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes ata o 27 de outubro del 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta:
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




