FEIRA #ESDOMAR 2025

FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP convidan á cidadanía a participar na Feira #ESDOMAR, que terá lugar o sábado 4 de outubro na Lonxa de Canido.

Co obxectivo de promocionar os principios e valores da economía social entre a cidadanía, nesta ocasión con especial atención á figura do cooperativismo posto que é o ano internacional das cooperativas, celébrase esta feira como Espazo de difusión e encontro que ofrecerá un lugar onde coñecer e interactuar coas entidades de economía social da nosa contorna.

Vigo prepárase para vivir unha xornada especial que reunirá a máis de 17 entidades da economía social. O encontro contará con postos de venda e exposición, música en directo,oferta gastronómica e actividades lúdicas para público de todas as idades, nun ambiente festivo e participativo.

A Feira #ESDOMAR busca dar visibilidade á economía social e fortalecer o tecido asociativo, promovendo a colaboración, o consumo responsable e o desenvolvemento local. Será unha oportunidade para coñecer de primeira man proxectos baseados en valores de solidariedade, sostibilidade e compromiso coa comunidade.

  • Data: sábado 4 de outubro
  • Lugar: Lonxa de Canido (Vigo)
  • Horario: de 12:00 a 20:00 h

Todas as actividades e actuacións son de balde e están pensadas para gozar en familia ou con amizades.

A participación en ESDOMAR é gratuíta e a través dela pódese amosar ao mundo a contribución a unha economía máis xusta, solidaria e sostible. A Feira conta con distintas opcións para participar:

  • Postos para mostrar e vender teus produtos ou servizos
  • Exposicións para amosar o teu traballo
  • Faladoiros para compartir iniciativas, inspirar e xerar debate
  • Espazo para tecer redes con outras entidades afíns

As entidades de economía social que queiran participar poden solicitar  a través do seguiente enlace.

Máis información: visita a web www.fundamar.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *