As actividades que se van subvencionar serán aquelas baseadas no recoñecemento da experiencia das persoas maiores que poidan servir como catalizador para fomentar as iniciativas das persoas máis novas, naqueles sectores e actividades que presenten maiores dificultades de relevo xeracional e que estean comprendidos nas liñas especificadas que permitan achegar novas oportunidades de emprego e asentamento poboacional ao territorio e que garantan, en todo caso, a consecución dos obxectivos marcados no Plan de recuperación, transformación e resiliencia dentro das políticas panca da nova economía dos coidados e políticas de emprego e, de xeito transversal, da axenda urbana e rural, da loita contra o despoboamento e desenvolvemento da agricultura, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.
A execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural terá lugar desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 15 de maio de 2026.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, que deseguido se relacionan:
- As entidades locais ou agrupacións delas que teñan a consideración de entidades locais de carácter rural e que desenvolvan proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural enmarcados no proxecto piloto Talento interxeracional
- As entidades de acción voluntaria de carácter asociativo, que desenvolvan proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural enmarcados no proxecto piloto Talento interxeracional
Requisitos:
- Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Desenvolver os programas subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.
- Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.
- Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
- Ter cumprida a obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio, no caso das entidades locais.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
-Para teren a consideración de subvencionables, os proxectos deberanse desenvolver coa participación de persoas voluntarias a través de grupos interxeracionais, que estarán integrados por un sistema de parellas que estará formada por una persoa voluntaria de 55 anos ou máis e unha persoa voluntaria de 16 a 35 anos, sen prexuízo de integrar outras idades ata os 54 anos. A persoa voluntaria de 55 anos ou máis encargarase de titorizar á persoa voluntaria de 16 a 35 anos coa que forma o grupo interxeracional.
Ademais, as actuacións teñen que ir dirixidas a un ou varios dos seguintes obxectivos no ámbito territorial definido por concellos de carácter rural:
- Deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa.
- Recuperación e/ou anovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
- Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sostibles de cara a súa proxección no mercado.
- Fomento e iniciativas para realización de actuacións tendentes ao relevo xeracional no eido do ámbito agrogandeiro.
- Recoñecemento e posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
- Deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
-Ademais do indicado no número anterior, para ter a consideración de subvencionables os proxectos non poden ser iguais aos presentados pola mesma entidade, no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado, e deberán desenvolverse integramente no ámbito territorial de entidades locais de carácter rural
-Igualmente, para ter a consideración de subvencionables, os proxectos deberán contar cun mínimo de catro persoas voluntarias, e de ser o seu número superior, a subvención prevista nesta orde só abranguerá a 12 das persoas voluntarias que participen no proxecto sen prexuízo
LIÑAS SUBVENCIONABLES
Son liñas subvencionables e, por tanto, nas que se deberán desenvolver os proxectos que se presenten, as seguintes:
- Liña 1. Coidados
- Liña 2. Agrogandeira
- Liña 3. Protección do ambiente
- Liña 4. Turística e cultural
- Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital
CONTÍA
As contías previstas distribúense de xeito porcentual entre os diferentes proxectos consonte coas seguintes porcentaxes:
- Liña 1. Coidados: 20 %.
- Liña 2. Agrogandeira: 20 %.
- Liña 3. Protección do ambiente: 20 %.
- Liña 4. Turística e cultural: 20 %.
- Liña 5. Cohesión tecnolóxica e dixital: 20 %.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Sempre que se cumpran os requisitos establecidos para a admisión, a comisión valorará as solicitudes de conformidade con estes criterios e puntuacións
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes ata o 17 de outubro del 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta:
Código de procedemento: BS508E
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




