Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de cofinanciamento e concorrencia competitiva, a concesión de subvencións a proxectos de prevención de condutas adictivas realizados por entidades privadas sen ánimo de lucro
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán concorrer á concesión destas subvencións todas as entidades privadas sen ánimo de lucro de Galicia que desenvolvan o seu labor no eido da prevención das condutas adictivas
Requisitos:
- Estar inscrita, no momento da solicitude da subvención, no Rexistro de Entidades colaboradoras do Plan de Galicia sobre drogas regulado no Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas, e se regula o procedemento para a súa declaración de interese.
- Presentar un proxecto de actuación para os anos 2025, 2026, 2027 e 2028 orientado á prevención das condutas adictivas, que incluirá os seguintes programas
A asignación económica da subvención terá carácter individual para cada entidade privada, agás no caso das agrupacións de entidades, en que se asignará unha única subvención para realizar un proxecto común. Nestes casos, a entidade solicitante actuará como representante do proxecto e interlocutora ante a Consellería de Sanidade.
CONTIDO DOS PROXECTOS
- Serán programas básicos:
a) Ámbito escolar: «Saúde na escola» e «Non pasa nada, pasa algo?».
b) Ámbito familiar: «Máis que un teito», «En familia todos contan» e «Entre todos».
c) Ámbito xuvenil: «Activa».
- Serán programas complementarios:
a) Os seguintes programas da carteira de servizos: «Ao alcance», «Cine e saúde», «Odisea», «Cambio de sentido», «Creative» (sempre que se leve a cabo con medios propios da entidade), «Acais», «Información-sensibilización» e «Formación de mediadores».
b) Calquera outro que a entidade solicitante considere oportuno desenvolver.
Poderanse presentar ata un máximo de 3 programas complementarios. Neste caso terán unha especial valoración os programas «Construindo saúde», «EmPeCemos», e «Protego», así como aqueles outros que inclúan actividades relacionadas coa prevención do consumo de cannabis, o xogo patolóxico e os problemas relacionados co uso da internet e as TIC.
Os programas da carteira de servizos «Alternativa», «Itínere» e «Penélope» non serán valorados nesta convocatoria de axudas. O programa «Sísifo» soamente será valorado para as entidades que opten á clase 3.
- Serán programas de intervención precoz dirixidos a persoas con trastornos por consumo de substancias en situación de emerxencia social (programa Sísifo), os seguintes:
a) Programa de captación activa e intervención en medio aberto.
b) Programa de centro de encontro e acollida.
c) Programa de intercambio de material de inxección, dispensa e distribución de kits hixiénicos, preservativos etc.
d) Programa de información-formación ás persoas destinatarias do proxecto.
- Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.
CLASES E CONTÍAS DAS SUBVENCIÓNS
Clase 1. Entidades que desenvolven programas individuais.
Destínase a esta clase o 4,2 % do crédito (89.460,00 €), e outorgaráselle subvención a un máximo de 5 proxectos que acaden maior puntuación. A subvención máxima que se outorgará a cada unha das entidades desta clase será de 21.000,00 €.
Clase 2. Proxectos de prevención de trastornos adictivos dirixidos a comunidades étnicas con especial risco.
Destínase a esta clase o 3,5 % do crédito(74.550,00 €), e outorgaráselle subvención a un máximo de 2 proxectos que acaden maior puntuación. Nesta clase, a subvención mínima que se solicitará será de 36.000,00 euros.
Clase 3. Proxectos de intervención precoz dirixidos a persoas con trastornos por consumo de substancias en situación de emerxencia social con carácter, cando menos, supraprovincial.
Destínase a esta clase o 22,8 % do crédito (485.640,00 €), e outorgaráselle subvención a un máximo de 2 proxectos que acaden a maior puntuación. Nesta clase, a subvención mínima que se solicitará será de 235.000,00 euros.
Clase 4. Proxectos que enmarquen a súa xestión preventiva en plans comunitarios ou en un ou varios concellos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Calidade técnica do proxecto de prevención de condutas adictivas (ata 60 puntos)
2. Grao de interacción da entidade cos recursos do seu contorno (administración local, recursos escolares, sociais e sanitarios), definido na memoria explicativa e acreditado coas xustificacións oportunas dos organismos referidos: ata 7 puntos.
3. Coa fin de fomentar a agrupación de entidades, incentivaranse aqueles proxectos que promovan o asociacionismo e a xestión compartida de recursos presentando un proxecto común. Así, ao proxecto que agrupe dúas ou máis entidades daráselle 5 puntos.
4. Experiencia no desenvolvemento de programas de prevención de condutas adictivas, expresada en anos de colaboración coa Consellería de Sanidade ou co Servizo Galego de Saúde ata 9 puntos
5. Titulación e xornada laboral do persoal con que vaia contar a entidade beneficiaria para levar a cabo o proxecto con ata 11,5 puntos
6. Proporción do emprego de persoas con discapacidade en relación co número total de persoas remuneradas. Valorarase con ata 0,5.
7. Emprego de persoas perceptoras da Risga ou que se atopen en situación ou risco de exclusión social outorgaranse 0,5 puntos
8. Emprego de mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas descendentes delas que non estean en situación ou risco de exclusión social outorgaranse 0,5 puntos
9. Emprego de persoas maiores de 45 anos: valoraranse as contratacións destas persoas nos últimos 2 anos sobre o total das contratacións realizadas, ata 0,25 puntos
10. A existencia nas entidades de plans de igualdade nentre outras medidas, o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Valorarase con 0,5 puntos.
11. Porcentaxe de cofinanciamento do proxecto asumido pola entidade solicitante. Valorarase con ata 5 puntos
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes ata o 15 de outubro del 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta:
Código de procedemento: SA463F
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




