SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A ADQUISICIÓN E REPARACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E VESTIARIO PROPIO DE AGRUPACIÓNS MUSICAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Se a túa agrupación musical quere soar mellor ca nunca, esta é a túa ocasión Xa están abertas, ata o 9 de outubro, as axudas para adquirir ou reparar instrumentos e vestiario, un impulso directo á creatividade, á calidade musical e á vida cultural da provincia de Pontevedra.

A finalidade destas axudas é reforzar e favorecer a calidade musical das nosas agrupacións musicais co fin de que poidan incrementar a actividade cultural no noso territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán solicitar estas subvencións as entidades asociativas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con sede na provincia de Pontevedra, que teñan entre os seus fins a promoción, difusión ou práctica da música tradicional, popular ou clásica galega, e que conten con formacións musicais estables (como bandas de música, corais, rondallas ou agrupacións folclóricas), dependentes da propia entidade. As entidades deberán estar debidamente inscritas no rexistro correspondente e reunir os seguintes requisitos:

  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas.
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA), coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  • Non poderán beneficiarse destas subvencións as anpas, as comisións de festas, as comparsas, os grupos de teatro, as batucadas, as confrarías etc.

GASTOS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables os gastos realizados durante o ano 2025 destinados á adquisición ou reparación de instrumentos musicais e vestiario propio, sempre que estean dirixidos ás entidades recollidas na base precedente, conten con agrupacións musicais activas e respondan ás finalidades indicadas na base segunda.

Para os efectos destas bases, establécense dúas liñas diferenciadas de actuación subvencionable:

Liña 1. Adquisición de equipamento musical e vestiario:

  • Adquisición de instrumentos musicais para o uso das agrupacións dependentes da entidade solicitante.
  • Adquisición de vestiario propio (uniformes, traxes tradicionais etc.) destinado ás devanditas agrupacións musicais.

Liña 2. Reparación de equipamento musical e vestiario:

  • Reparación de instrumentos musicais en uso por parte das agrupacións musicais da entidade.
  • Reparación do vestiario propio das agrupacións musicais da provincia.

Quedan expresamente excluídos desta convocatoria e, polo tanto, non serán obxecto de subvención, os seguintes conceptos:

• Equipos informáticos (ordenadores, fotocopiadoras, monitores, tabletas etc.) e calquera outro material alleo á actividade musical das agrupacións.

• Equipos de son e iluminación.

• Accesorios musicais como partituras, atrís, fundas, baquetas, soportes ou elementos similares non considerados investimento principal.

CONTIA

A contía da subvención concedida non poderá exceder o 75 % do orzamento total presentado, sempre que os custos sexan considerados elixibles consonte ao establecido nestas bases.

O importe máximo total que poderá percibir cada entidade beneficiaria ao abeiro desta convocatoria será de tres mil euros (3.000,00 €), con independencia das liñas subvencionables solicitadas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. Para a súa adxudicación teranse en conta os seguintes criterios:

1) Orzamento total do obxecto da subvención:

  1. Para a adquisición de instrumentos ou vestiario, ata 50 puntos
  2. Para a reparación de instrumentos ou vestiario, ata 50 puntos:

2) Porcentaxe solicitada de financiamento (non superior ao 75 % do orzamento), ata 50 puntos

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 09 de outubro del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

PUBLICACIÓN BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA A ADQUISICIÓN E REPARACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS E VESTIARIO PROPIO DE AGRUPACIÓNS MUSICAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *