O obxecto das axudas é regular a concesión de subvencións para programas de sensibilización, formación e divulgación dirixidos ás persoas consumidoras en diferentes materias (enerxía, comercio electrónico, intelixencia artificial, vivenda e servizos financeiros)
Beneficiarios
Asociacións de persoas consumidoras legalmente constituídas e inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, sempre que cumpran os seguintes requisitos.
-Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
-Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Actividades subvencionables
Programas de sensibilización, formación e divulgación en distintas áreas:
- Subministración de enerxía.
- Comercio electrónico seguro.
- Intelixencia artificial e consumo.
- Vivenda.
- Servizos financeiros.
Nos gastos subvencionables inclúense gastos como alugueiro de espazos, difusión, desprazamento e honorarios de relatores, material didáctico, entre outros.
Contía
- Máximo de 200 € (IVE incluído) por actividade.
- Máximo de 24 actividades por asociación e 12 por modalidade.
Total máximo por asociación: 4.800 € (IVE incluído).
Prazo
Dende o 13 de setembro ás 9:00 ata o 13 de outubro ás 14:00
Máis información
Código de procedemento: CO400B
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




