SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DIRIXIDOS Á XUVENTUDE E AO VOLUNTARIADO, CON CARGO Á ASIGNACIÓN TRIBUTARIA DO 0,7 % DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS E DO IMPOSTO DE SOCIEDADES NO ANO 2025

Traballas coa mocidade ou promoves o voluntariado?
Xa están dispoñibles ata o 12 de agosto as subvencións do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades para programas con impacto social.
 É o momento de dar impulso ao teu proxecto e marcar a diferenza no 2025!

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2025 das axudas para a realización de programas de interese xeral que atendan fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.  Nas diferentes liñas de actuacion 

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no artigo 5 para cada liña de actuacións que se van subvencionar

Requisitos generales:

  • Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
  • Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparte beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta, o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven a súa función con carácter gratuíto, de conformidade co disposto nos seus estatutos
  • Figurar nos estatutos das entidades solicitantes que os seus fins institucionais corresponden á realización e á execución de programas sociais de similar natureza á dos programas de interese xeral para fins de carácter social para os que solicitan a subvención.
  • Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos no anexo I, liñas de actuación, dentro da mesma liña á cal concorre, e que se posúen os medios persoais e materiais necesarios para iso

GASTOS SUBVENCIONABLES

  1. Gastos do persoal da entidade
  2. Gastos do persoal contratado en réxime de arrendamento de servizos
  3. Axudas de custo e gastos de viaxe: serán subvencionables dentro desta partida as axudas de custo e gastos de viaxe do persoal adscrito ao programa.
  4. Gastos de xestión e administración directamente relacionados co funcionamento habitual da entidade solicitante
  5. Gastos derivados de auditorías externas sobre a xestión dos programas por parte da entidade, gastos derivados da revisión da conta xustificativa e da emisión do informe de auditoría e/ou gastos derivados da implantación de procedementos de calidade.
  6. Gastos de investimento no caso das liñas de actuación III e IV
  7. Bolsas de asistencia dirixidas a promover a participación das persoas beneficiarias nos programas de formación.
  8. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.

CONTIA

O ámbito de actuación, autonómico ou local/provincial, da federación, confederación, agrupación, entidade ou asociación determinará o número máximo de programas e proxectos para os que se poderá obter subvención, así como a contía máxima que se concederá para cada un deles.

Dentro de cada unha das liñas de actuación será o seguinte

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes e dos programas, e a ponderación deles segundo a seguinte relación:

1. Criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes (ata 40 puntos)

  1.  O ámbito territorial de implantación (máximo de 10 puntos)
  2. A experiencia na xestión e execución de programas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: (máximo 10 puntos)
  3. A calidade na xestión da entidade (máximo de 1,5 puntos)
  4. A auditoría externa (máx. de 1,5 puntos)
  5. O orzamento destinado aos programas no ano 2024 (máximo de 4 puntos)
  6. O financiamento obtido doutras institucións destinado aos programas no ano 2024 (máximo de 1 punto)
  7. A participación social e do voluntariado: (máximo de 3 puntos)
  8. A adecuación de recursos humanos (máximo de 9 puntos)

2. Criterios de valoración dos programas:

Criterios obxectivos de valoración dos programas das liñas I e II (ata 60 puntos)

Criterios obxectivos de valoración dos proxectos de investimento, acondicionamento de locais e adquisición de equipamentos e material inventariable por parte das entidades de acción voluntaria e das entidades xuvenís das liñas III e IV (ata 60 puntos)

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 12 de agosto del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

ORDE do 4 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades no ano 2025

Código de procedemento: CT200A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *