Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e dos trastornos adictivos.
O contido dos programas que se desenvolverán durante o ano 2025 deberá axustarse, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I, ás seguintes liñas de actuación:
- Liña I. Proxectos de investimento en melloras en centros sanitarios e sociosanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
- Liña II. Programas de intervención comunitaria en persoas con trastorno mental (incluídos os trastornos adictivos).
- Liña III. Programas de promoción do desenvolvemento de contornas protectoras no ámbito dixital e prevención terciaria en adiccións comportamentais e outras adiccións.
- Liña IV. Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
- Liña V. Programas de prevención do suicidio e posvención.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades definidas do terceiro sector de acción social, e outras organizacións sempre que cumpran os seguintes requisitos:
Requisitos:
- Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
- Carecer de ánimo de lucro.
- Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
- Ter entre os seus fins estatutarios a atención ás necesidades ou o desenvolvemento de actividades dirixidas a persoas con trastorno mental grave e/ou adiccións.
- Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Exclusions
- Segundo indica o artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva de persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, non se outorgarán subvencións a ningunha entidade que cometa, incite ou promocione LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios.
- Os realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025 e efectivamente pagados ata o 31 de decembro de 2025.
- Gastos do persoal laboral da entidade: custo total, que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa.
- Gastos de persoal en réxime de arrendamento de servizos.
- Axudas de custo e gastos de viaxe
- Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución.
- Gastos de investimento referidos ao equipamento (incluído material informático, tabletas, etc), obras de reforma, restauración e rehabilitación, gran reparación, conservación, mantemento e adquisición de subministracións, equipamento e vehículos, no caso de entidades beneficiarias de subvencións para o desenvolvementos de proxectos dentro da liña de actuación I
Incompatibilidades e concorrencia
- A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.
- O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo do correspondente programa.
- No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións
CONTIA
Cada entidade soamente poderá presentar dúas solicitudes de axuda a esta convocatoria ou tres no caso de que unha delas se presente ao abeiro da liña I. Nas liñas I, II e V o crédito máximo que se pode solicitar será de 50.000 euros. No caso das liñas III e IV, o crédito máximo que se pode solicitar será de 10.000 euros.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes e dos programas, e a ponderación deles segundo a seguinte relación:
1. Criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes (máximo 19 puntos)
- A implantación (máx. de 3 puntos)
- A experiencia na xestión e execución de programas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: (máx. 2,5 puntos)
- A calidade na xestión da entidade (máx. de 3 puntos)
- A auditoría externa (máx. de 1,5 puntos)
- O financiamento obtido doutras institucións (máx. de 1 punto)
- A adecuación de recursos humanos (máx. de 8 puntos)
2. Criterios de valoración dos programas:
–Criterios de valoración da liña I (má., 57 puntos)
–Criterios de valoración da liñas II,III, IV e V (máx. 57 puntos).
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentación de solicitudes ata o 12 de agosto del 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulta:
Código de procedemento: SA500A
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




