Dende a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo enviamos os nosos parabéns á Asociación da Man pola súa recente declaración como asociación de utilidade pública.
Da Man é unha ONG dedicada ao traballo social e solidario que desenvolve a súa actividade en Galicia coa poboación inmigrante e en Senegal levando a cabo diversos proxectos nos ámbitos educativo e sanitario fundamentalmente.
Súmase así ao tecido asociativo da nosa comarca, fortalecendo o compromiso colectivo co benestar social, a participación cidadá e a cohesión territorial.
En Galicia, o número de entidades recoñecidas como asociacións segue a medrar, e dentro da provincia de Pontevedra, especialmente no ámbito da MAIV, contamos cun importante número de entidades activas e comprometidas, como:
- ASPANAEX. Vigo
- ASOCIACIÓN GALEGA SAN FRANCISCO (AGASFRA). Vigo
- ASOCIACIÓN DE PADRES DE MINUSVÁLIDOS DE PONTEVEDRA APAMP. Vigo
- ASOCIACIÓN CIUDADANA DE LUCHA CONTRA LA DROGA. Vigo
- ASOCIACIÓN DE AYUDA A LOS ENFERMOS PSÍQUICOS DOA. Vigo
- ASOCIACIÓN PARA EL SÍNDROME DE DOWN DE PONTEVEDRA. Vigo
- HOY POR MAÑANA ASOCIACIÓN DE PADRES Y AMIGOS DE PARALÍTICOS CEREBRALES. Vigo
- ALDEAS INFANTILES SOS DE GALICIA. Vigo
- AVEMPO – Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra
- A FEDERACIÓN DE SÍNDROME DE DOWN
- ASOCIACIÓN BENÉFICO SOCIAL LA ESPERANZA DEL VALLE MIÑOR. Gondomar
- ASOCIACIÓN ANDAINA (Asociación para persoas con diversidade funcional). Redondela
- ASOCIACIÓN CLUB MONTAÑEIROS CELTAS, que felicitamos pola titularidade o ano pasado.
Celebramos que a Asociación da Man pase a formar parte deste valioso conxunto de entidades, que enriquecen a vida comunitaria e contribúen ao desenvolvemento social dos concellos que forman parte da Mancomunidade.
Se queres saber máis acerca do que supón ser unha asociación recoñecida ou declarada de utilidade pública, así como os beneficios asociados, podes consultar a normativa correspondente ou contactar coa Mancomunidade.




