A finalidade das subvencións é a posta en marcha de proxectos de cooperación cultural en zonas rurais que fomenten a innovación colaborativa e a creación de alianzas, e representen unha contribución relevante e significativa ao desenvolvemento do ecosistema cultural territorial, á vez que faciliten a participación cidadá.
ENTIDADES BENEFICIARIAS
Estas axudas están dirixidas a persoas xurídicas privadas, con ou sen ánimo de lucro, así como a persoas físicas que exerzan unha actividade profesional e estean inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, que se comprometan a realizar proxectos e actividades de forma colaborativa.
PROXECTOS SUBVENCIONABLES
Poderán solicitarse subvencións ao abeiro desta convocatoria proxectos culturais que cumpran os seguintes requisitos:
- Deberán ser realizados en colaboración por empresas e/ou entidades sen ánimo de lucro, así como por persoas físicas que desenvolvan unha actividade profesional e estean inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, de polo menos tres comunidades autónomas diferentes. Para avaliar a súa elixibilidade, terase en conta o domicilio social de cada entidade.
- Deberán ser realizados en zonas rurais, é dicir: Concellos cunha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade inferior a 100 habitantes por km2.
En calquera caso, poderán participar os concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, independentemente da súa densidade de poboación.
- Poderán participar entidades que non estean radicadas no medio rural definido anteriormente, sempre que o proxecto se realice en concellos incluídos no apartado anterior.
Os proxectos deben desenvolverse entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2026.
GASTOS SUBVENCIONABLES
- Considerarase que os gastos foron realizados se foron realmente pagados antes de que finalice o prazo de xustificación.
- Poderán ser subvencionables os gastos financeiros, os gastos de asesoramento xurídico ou financeiro, os gastos notariais e rexistrais e os honorarios de expertos para a execución do proxecto subvencionado e os gastos administrativos específicos se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son esenciais para a súa adecuada preparación e execución.
- Custos indirectos asociados ao desenvolvemento da actividade. A fracción imputada non poderá superar o 25 % da contía subvencionada, nese caso dita fracción non requirirá xustificación adicional, senón declaración de conformidade por parte do beneficiario.
- Cando a subvención se conceda para financiar investimentos ou gastos de distinta natureza, a convocatoria ou a resolución de concesión poderá establecer a compensación duns conceptos con outros.
CONTIA
A cantidade total máxima outorgada a cada grupo beneficiario será de 120.000 €. Esta cantidade non poderá superar o 80 % do custo total do proxecto.
PRAZO DE SOLICITUDE
Presentacion da solicitude ata o 01 de Xullo do 2025
MÁIS INFORMACIÓN
Consulte
Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.
O contido desta presentación ten unicamente fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.




