CONCESIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE LECER EDUCATIVO E TEMPO LIBRE DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN 2025

Tes ata o 12 de maio!!! Se estás a buscar espazo para organizar as túas actividades xuveniles este verán, non perdas esta oportunidade.
¡Participa e dálle vida aos teus proxectos!

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o procedemento de concesión do uso das súas instalacións xuvenís dentro da programación da campaña de verán 2025, para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, dirixidas á xuventude

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:

  1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
  2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
  3. As corporacións locais.
  4. Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa xuventude

SERVIZOS OFERTADOS 

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:

  1.  Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.

O primeiro servizo de alimentación será o xantar do día da incorporación e o último será o xantar do último día de estadía concedida.

  1.  Do material, excepto o correspondente ás actividades que a entidade ou grupo vaia desenvolver na instalación e que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
  2.  Dos servizos da xerencia e persoal de servizos de restauración e limpeza das ditas instalacións.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN

Para a adxudicación do uso das instalacións ofertadas establécese a seguinte orde de preferencia:

  1. Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude e escolas de tempo libre domiciliadas na Comunidade Autónoma galega, e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude.
  2.  Consellos locais e municipais de xuventude galegos.
  3. Corporacións locais galegas.
  4. Grupos de persoas mozas galegas non asociadas segundo o establecido no artigo 3.
  5. Outras entidades públicas ou privadas, domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, que o soliciten con fins asistenciais.
  6. Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, entidades que realicen actividades coa xuventude e grupos de persoas mozas, domiciliados noutras comunidades autónomas

Pola súa banda, dentro do previsto no número anterior, terán prioridade, por esta orde No caso de persistir o empate, procederíase a un sorteo para determinar as entidades ou grupos destinatarios.

Máis información de interese

As instalacións, prazas e quendas ofertadas son as recollidas no anexo I.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes do ata o 12 de maio de 2025.

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

ORDE do 10 de abril de 2025 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para a realización de programas de lecer educativo e tempo libre durante a campaña de verán 2025 para colectivos xuvenís 

Código de procedemento BS304A

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *