Se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) para contribuír a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal, co obxectivo de garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Beneficiarios
Poden optar ás axudas:
- Confrarías de pescadores e as súas federacións.
- Organizacións de produtores pesqueiros.
- Entidades asociativas constituídas por profesionais do sector.
- Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente por confrarías
Actividades subvencionables
Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade con esta orde, as accións colectivas que se desenvolvan na Comunidade Autónoma de Galicia que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable. Os proxectos que se presenten deben ter como finalidade mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros, garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión de pesqueiras.
Compatibilidade con outras axudas
As axudas son compatibles con outras, sempre que:
- Non financien os mesmos gastos con outros fondos europeos.
- Non se exceda o custo total da actividad
Contía
A porcentaxe máxima das axudas poderá acadar o 100 % do investimento subvencionable en cada unha das accións, de acordo co previsto nesta orde e segundo o indicado no Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu artigo 41. Non obstante, a intensidade da axuda estará condicionada ás dispoñibilidades orzamentarias. Se o importe das solicitudes presentadas supera o crédito orzamentario asignado a esta convocatoria, a intensidade da axuda poderá axustarse a estas limitacións orzamentarias, respectando, en todo caso, os principios da concorrencia competitiva.
Contías máximas por persoal
- Vixilancia: ata 12,00 €/hora por traballador.
- Asistencia técnica: ata 18,00 €/hora por traballador.
- Xornada máxima anual subvencionable: 1.716 horas.
- Xornada mensual máxima: 143 horas.
Prazo
Ata o 29 de maio
Máis información
Código de procedemento: PE209P
O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.




