PROGRAMA “+CONVIVENCIA” E CONVOCATORIA DE 2025

A Deputación de Pontevedra pon en marcha o programa '+Convivencia' 2025, unha iniciativa que busca promover a participación social e o goce do patrimonio local a través de actividades socioculturais dirixidas a diversos colectivos da provincia. Descubre como a túa asociación pode beneficiarse desta oportunidade única!

A finalidade deste programa é crear espazos de participación para as entidades da provincia de Pontevedra onde poidan compartir experiencias e poñer en valor o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural de proximidade.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar estas axudas as entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, asociacións de maiores, asociacións veciñais e culturais e ANPAS que teñan a sede social ou unha delegación na provincia de Pontevedra

Requisitos

  • Carecer de fins de lucro e ter finalidades coincidentes co obxecto da subvención, segundo os seus estatutos.
  • Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.
  • Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), nin estar incluídas nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas.
  • As actividades deberán desenvolverse na provincia e contar cun mínimo de 30 participantes (ou 20 se hai persoas con mobilidade reducida).

Exclusións 

  • Non se subvencionarán actividades xa financiadas con outras convocatorias da Deputación nin gastos correntes de funcionamento, atención protocolaria ou investimentos.

GASTOS SUBVENCIONABLES 

Considéranse subvencionables os gastos directamente vinculados ás actividades seleccionadas, tales como:

  • Transporte (autobuses, barcos, etc.).
  • Entradas para museos, centros de interpretación e outros espazos culturais.
  • Contratación de guías turísticos oficiais.
  • Seguros necesarios para o desenvolvemento das actividades.
  • Servizos de restauración ou catering (ata un máximo de 600 €).

Tamén serán obxecto de subvención os gastos que se detallan a continuación e derivados da realización dalgunha das actividades incluídas no catálogo “+Convivencia”.

CONTIA

Subvención máxima por entidade e actividade: 1.200 €.

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes do 1 de marzo ao 1 de decembro de 2025, ou ata esgotar o crédito dispoñible

MÁIS INFORMACIÓN

Consulte

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “+CONVIVENCIA” E CONVOCATORIA DE 2025

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación ten unicamente fins informativos;  en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituír á información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *