BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2025

Os festivais de música e artes escénicas que traballan promovendo a cultura e a lingua galega contan co apoio da Deputación de Pontevedra, infórmate aquí!

A Deputación de Pontevedra busca apoiar festivais musicais e de artes escénicas na provincia, promovendo a cultura galega, a lingua galega e a dinamización artística.

ENTIDADES BENEFICIARIAS
Asociacións sen ánimo de lucro que:

  • Teñan domicilio fiscal na provincia de Pontevedra.
  • Estean inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia no ámbito territorial da provincia.
  • Desenvolvan a súa actividade principal na provincia de Pontevedra.
  • Estean ao corrente das súas obrigas tributarias.
  • Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas.
  • Non estar incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei.

Requisitos das actividades subvencionables

O festival debe ter celebrado un mínimo de 3 edicións consecutivas nos últimos 4 anos.

  • No caso dos festivais musicais, deben ter unha duración mínima de dúas xornadas e contar con polo menos 8 grupos, 4 deles galegos.
  • Para festivais de artes escénicas, deben incluír un mínimo de 8 compañías, 4 delas galegas.
  • A programación e as comunicacións deben fomentar o uso da lingua galega.
  • Levarse a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.
  • Incluír na programación actividades paralelas de posta en valor do sector musical galego ou de formación musical ou do sector teattral galego e de formación.

GASTOS SUBVENCIONABLES

  • Alugueiro de infraestruturas, equipos e espazos.
  • Contratación de servizos técnicos e profesionais.
  • Gastos de xestión de concertos e espectáculos (licenzas, dereitos de autor, sistemas de entrada).
  • Publicidade e difusión.
  • Cachés de artistas e compañías.
  • Gastos de seguridade e medidas hixiénico-sanitarias.

Gastos NO subvencionables

  • Funcionamento ordinario da entidade (alugueres, consumos básicos, impostos, etc.).
  • Salarios ou retribucións dos membros da entidade promotora.
  • Investimento en equipamento ou material patrimonial.
  • Gastos de protocolo ou festivos (cócteles, degustacións, etc.).

Contía
A axuda cubrirá ata o 75% do orzamento do proxecto. Se concederá tendo en conta os seguintes criterios de valoración.

Prazo 

Presentación de solicitudes ata o 26 de marzo.

Máis información

Consulta:

BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS MUSICAIS E DE ARTES ESCÉNICAS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2025

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *