SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025

O Concello de Vigo pón en marcha axudas para asociacións sen ánimo de lucro do ámbito social. Financiamento de ata o 100% para proxectos familiares, maiores, de inclusión e discapacidade. Máis información aquí!!

Subvencións dirixidas a entidades e asociacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades no ámbito dos servizos sociais na cidade de Vigo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. 

Requisitos adicionais:

  • Ser unha entidade sen ánimo de lucro con obxectivos sociais.
  • Estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións de Vigo.
  • Ter sede, domicilio social ou delegación permanente en Vigo.
  • Non estar suxeito á prohibición do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
  • Ter xustificadas as axudas  recibidas en anos anteriores.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Exclusions

  • Proxectos que xa solicitaron axuda noutras zonas do Concello de Vigo.
  • Actividades con canle de financiamento específico noutras administracións.
  • Programas que xa se executan mediante contratos ou convenios coa Consellería de Política Social.
  • Actividades de carácter propagandístico, político ou confesional.
  • Proxectos de clubs deportivos (agás para persoas con discapacidade).
  • Actividades xa cubertas polas administracións públicas.
  • Proxectos educativos dentro dos programas docentes oficiais.

PROXECTOS SUBVENCIONABLES

Financiaranse proxectos, programas e actividades desenvolvidas en Vigo dentro da área de servizos sociais, dirixidas a colectivos vulnerables.

Familia e infancia:

  • Formación en igualdade e corresponsabilidade familiar.
  • Actividades de apoio psicosocial (autoestima, regulación emocional, resolución de conflitos).
  • Programas de integración social para familias.

 Persoas maiores e con discapacidade:

  • Información e formación para maiores, coidadores e familiares.
  • Actividades de mellora da psicomotricidade.
  • Programas de apoio a persoas maiores que viven soas.
  • Obradoiros que non coinciden cos que xa ofrece a Área de Benestar Social.

Migrantes, refuxiados e minorías étnicas

  • Programas socioeducativos e de promoción social.
  • Persoas en risco de exclusión social (sen fogar, marxinalidade):
  • Proxectos de prevención e asistencia individual, familiar ou comunitaria

Persoas con adiccións (drogas, alcohol, xogos, apostas por internet, etc.):

  • Programas preventivos e socioeducativos.
  • Actividades de fomento da autoestima e da educación en valores.

Incompatibilidades e concorrencia

  • Non se concederán subvencións a proxectos que xa reciban financiamento doutros departamentos municipais.
  • Non se subvencionarán proxectos que se solapen con programas xa financiados por outras administracións públicas.
  • A concesión das subvencións farase mediante concorrencia competitiva, é dicir:
    • Todas as solicitudes serán avaliadas comparativamente segundo os criterios de puntuación establecidos.
    • Priorizaranse os proxectos de maior impacto social e mellor estruturados dentro do crédito dispoñible.
    • Se unha entidade renuncia ás axudas, os fondos non se redistribuirán a outras entidades.

CONTIA

Poderá financiarse ata o 100% do orzamento do proxecto, sen superar o custo total.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

A) Criterios relacionados coa entidade: ata 10 puntos

  1. Segundo a experiencia no sector determinada pola maior implantación na cidade (máx. 4 puntos)
  2. A achega financeira da entidade ó proxecto, (máx. 6 puntos)

B) Criterios relacionados co contido do proxecto: (hasta 40 puntos):

  1. Coherencia dos obxectivos coa problemática presentada (máx. 15 puntos)
  2. Accións que se van desenvolver, prazo de execución e coherencia na programación temporal, (máx. 5 puntos)
  3. Coherencia das aplicacións orzamentarias cos obxectivos de proxecto(máx. 5 puntos)
  4. Proxectos singulares de especial interese social: (máx. 15 puntos): 
  • Acompañamento e asistencia a persoas maiores que viven soas.
  • Acceso á vivenda para persoas sen fogar ou en risco de desafiuzamento.
  • Inclusión social de persoas con discapacidade ou diversidade funcional.

Outorgarase ata coa seguinte desagregación:

  • A actividade principal da entidade coincide con algún deses tres ámbitos: 5 ptos. (máx.).
  • Importe total do proxecto de especial interese social: 10 ptos. (máx.):

PRAZO DE SOLICITUDE

Presentación de solicitudes ata o 24 de marzo del 2025

MÁIS INFORMACIÓN

Consulta:

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DE CARÁCTER SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NA ÁREA DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2025

Tramitación: Procedimiento sede electrónica Concello de Vigo 

Para calquera información a maiores sobre esta convocatoria ou se precisas axuda na tramitación, pódeste poñer en contacto co noso Departamento de Apoio ás Asociacións, chamando ao teléfono 986 42 33 66.

O contido desta presentación é só para fins informativos; en ningunha circunstancia o contido desta publicación poderá substituir a información proporcionada nos documentos oficiais.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *