
Castelao e o Samaín regresan a Gondomar cunha lectura dramatizada polo Día de Defuntos
A Asociación Cultural Centáurea ofrecerá unha lectura dramatizada de «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete», de Castelao, o vindeiro domingo 1 de novembro ás 19:00 horas na Praza das Escolas Vellas de Gondomar para celebrar o Samaín e o Día de Difuntos.
