• IV SUMMER FEST ENTENZA en Salceda de Caselas

    Entenza – Salceda de CaselasRecinto da Capela da Ascensión Sábado, 12 de xullo ás 00:00 h Artistas invitados: DJ Roque Khris Guez Diego Mei Gabryd Rubén.gal ENTRADA DE BALDE Venda anticipada de 5 combinados: 20 € Contacto:629 61 34 85 (Brais) Recólleos en: A&R Peluqueiras (Salceda) Centro Cultural (Entenza) Ubicación: Inclúe código QR (podes escanealo co móbil para acceder á localización) Organiza: Asociación de Veciños A TuroniaColabora: Entenza Centro Cultural Concello de Salceda de Caselas Deputación de Pontevedra

  • Gondomar / Festas de San Bieito 2025

    🎉 Segue a festa en Gondomar! Consulta aquí o programa para hoxe e non perdas ningunha das actividades das Festas de San Bieito 2025. Domingo 13 de xullo 🙏 Misas ás 09:30 h, 12:30 h e 21:00 h na Igrexa de San Bieito. 🥁 19:00 h – Pasarrúas do grupo Treboada de Donas. 🌙 22:30 h – Verbena coa orquestra Cinema, no aparcadoiro de San Bieito.

  • Vigo / Festa da Amizade

    📅 38ª Festa da Amizade – 19 de xullo📍 Parque Forestal de Saiáns (Vigo) Unha xornada comunitaria organizada pola A.V.C.D. San Xurxo de Saiáns, pensada para celebrar a amizade, a natureza e a cultura local. Ao longo do día haberá actividades para todas as idades: 🔹 Ruta interpretativa polo Monte de Saiáns🔹 Actuacións musicais: Banda de Música Lira de Oia, Ce Orquestra Pantasma (con xogos para cativada) e o grupo de pandeireteiras Son das Ferriñas🔹 Xantar popular: sardiñada, chouripán e empanadas (existencias limitadas)🔹 Entrega de recoñecementos e distincións polo 30 aniversario do Monte de Saiáns Evento aberto á veciñanza, con ambiente familiar e festivo no corazón do monte.

  • Fornelos / CAMPEONATO DE TUTE

    Campeonato de Tute 2025 – Especial de Verán 📍 Fornelos de Montes | 🗓️ Sábado 19 de xullo | 🕙 22:00 h🔹 Lugar: Diante do Multiusos do Concello🔹 Inscrición: 30 € por parella 🎁 Premios para gañadores e perdedores Gañadores:1º – 2 chuleteiros de tenreira (enteiros)2º – 2 follas de bacalao3º – 2 xamóns4º – 2 lacóns5º – 2 cintas de lombo Perdedores:1º – 2 chuleteiros de porco (enteiros)2º – 2 follas de bacalao3º – 2 xamóns4º – 10 L de aceite de oliva5º – 2 queixos tetilla 🎲 3 sorteos sorpresa durante a noite🍢 Pincho para todos os participantes🌧️ En caso de choiva ou frío, o evento celebrarase nun recinto cuberto. 📢 Organiza: Comisión de Festas de Fornelos de Montes

  • Gondomar / Concierto

     Este domingo 20 de xullo, a música enche a Praza Rosalía de Castro! A partir das 22:30 h, non perdas o concerto de "Los Lunes al Sol"  Unha noite de verán perfecta con boa música ao aire libre! Achégate a gozar do ambiente e da música en directo no corazón de Gondomar! Máis info: www.concellodegondomar.gal

  • Redondela / XXVI Artistas de Rúa

    O vindeiro 1 de agosto chega a XXVI edición do festival Artistas de Rúa. Nesta edición queremos render unha homenaxe ás antigas feiras ambulantes que percorrían os municipios enchendo de alegría as súas rúas.#ARTISTASDERÚA

  • Gondomar / AQUA PARTY

     VOLVE AQUA PARTY A GONDOMAR! Este sábado 2 de agosto, prepárate para vivir unha tarde chea de diversión refrescante en familia co noso evento máis acuático do verán!Volve AQUA PARTY, a nosa festa de inchables de auga na que os máis cativos da casa desfrutan sen parar nun espazo incrible. A partir das 16:30 h Parque da Coelleira Inchables de auga para nenas e nenos! E ás 19:00 h Praza Paradela Chega a divertidísima FESTA DA ESCUMA, con música, risas e moita escuma para bailar sen parar! IMPORTANTE: Uso de calcetíns OBRIGATORIO para os inchables Calzado tamén OBRIGATORIO para a festa da escuma Recomendamos traer gafas de piscina para máis comodidade na festa da escuma Un plan perfecto para combater o calor e compartir momentos únicos en familia e con amizades! +INFO: concellodegondomar.gal

  • Vigo / XXXIV FESTA DO MONTE

     O domingo 3 de agosto terá lugar a “XXXIV Festa do Monte” no Parque Forestal de Beade. A cita contará coa participación dos grupos folclóricos do C.S.C.R. de Beade. Ademais, compartiremos festa coa Banda de Música de Beade, Charanga Costamekrelos, Amigos do Acordeón Rías Baixas e o Orfeón Mariñeiro do Berbés.

  • XXII Festa Gastronómica As Delicias do Porco de Gondomar

    XXII Festa Gastronómica As Delicias do Porco  Couso - Gondomar  10 de agosto de 2025  Torreiro da Festa Virxe dos Remedios Volvemos un ano máis cunha das festas máis saborosas da comarca! O porco ao espeto será o protagonista dunha xornada chea de boa comida, música e tradición. Non podes faltar!  Reserva o teu porco ao espeto antes do 5 de agosto no 609 903 635 (Dispoñibles porcións de 1/4, 1/2 ou porco enteiro, con viño, auga, empanadas, roscas e pan incluído)  Tapas de porco sen reserva: zorza, lacón, orella, chourizos, xamón asado, callos... ¡para chupar os dedos!  Música en directo co Grupo Dúo Enxebre para animar a festa!  Vén celebrar con nós, gozar da boa comida e compartir un día inesquecible en Couso!

  • Redondela / Entroido do Verán

    O XXVI Entroido de Verán de Redondela celebrarase o vindeiro sábado 23 de agosto. Ao longo do día, haberá actividades para todas as idades, concertos e entretemento. As principais actividades terán lugar no Campo da Feira e serán as seguintes: Ás 19:00 horas, sesión de DJ con Kike Varela, Olalla González e Borja Rua. Ás 21:30 horas, unha Gala Drag con 1.800 € en premios, presentada por Carlos Veleiro. Ás 23:00 horas, un concerto de The Rapants e ás 00:30 horas, un concerto con Carlos Jean. Ás 02:00 horas, comeza unha sesión de DJ con Samu Peixe, Rodri e Vegas. Tamén haberá actividades infantís na Praza da Torre, Praza Xunqueira e Praza Ponteareas. Praza da Torre, cunha actuación de Brais das Hortas ás 20:30 horas. Praza da Xunqueira, ás 18:00 h, inchables acuáticos e ás 21:00 h, festa da escuma. Praza de Ponteareas, ás 18:00 h, inchables acuáticos e unha xincana con inchables.

  • Vigo / San Campio de Valladares

    , valladaresMiércoles 27 de Agosto, comienzan las fiestas en honor a San Campio en Valladares con la celebración del III Certame de Bandas de Música con la participación de Ateneo Musical de Bembrive y Agrupación Musical Atlántica de Matamá. Jueves 28, en esta jornada continúa la celebración del III Certame de Bandas de Música que contará con la presencia de la Agrupación Musical de Vincios y Unión Musical de Valladares. Viernes 29, en esta jornada la nota musical correrá a cargo de la charanga Noroeste y orquestas Saudade y Gran Parada. Sábado 30, durante la jornada tendrá lugar las actuaciones de la charanga Os Imperiais, Banda de Música Unión de Guláns, Banda Escola da Unión Musical de Valladares, Grupos Folclóricos do Centro Cultural de Valladares, Cantareiras do Alba e Aturuxo y orquestas Tango y Suavecito. Domingo 31, la Unión Musical de Valladares, la Coral Polifónica do CVC Valladares y las orquestas Capitol y Ritmo Joven podrán la nota musical. En este día se llevarán a cabo los actos religiosos en honor al Santo, en horario de costumbre. Lunes 1 de Septiembre, en esta jornada la encargada de poner la nota musical será la Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas). También se contará con la presencia de las orquestas Panamá Band y El Combo Dominicano para animar la fiesta. En esta jornada se celebrarán las cucañas y el desfile de Carrozas de Sobreira, Garrida y Freixo Rock XXX Aniversario. Martes 2, la formación América animará la fiesta.

  • Mos / XXXV Festa dos maiores

    El domingo 31 de Agosto se celebrará la XXXV Festa dos Maiores en Costioas, Tameiga, perteneciente al municipio de Mos. El programa del evento incluye a las 12.00 horas una misa solemne cantada por el coro O Son dos Cantares, seguida a las 13.00 horas por una actuación de la Banda de Música de Torroso. A las 14.00 horas se servirá comida. Por la tarde, a las 16.00 horas, se realizará un homenaje y entrega de detalles a los matrimonios. Para finalizar la jornada, a las 17.00 horas habrá animación musical y baile.

  • Reboreda en Jazz

     JAZZ ao VIVO e moitas actividades máis en REBOREDA   Sabado 6 de setembro, Carballo das cen polas Ás 16:30h actividade infantil, explorando la naturaleza Tardeo Actividades de aventura

  • Gondomar / LA VUELTA 25🚴‍♀

    LA VUELTA 25 pasa por Gondomar! O vindeiro martes 9 de setembro a nosa vila será protagonista de la 80° edición de La Vuelta Ciclista a España 2025. Praza Paradela De 14:15h a 14:45h estará a caravana publicitaria repartindo merchandising Hora de paso por Gondomar Ás 14:45h o dispositivo de seguridad e corredores partirán dende a baixada de San Antoniño cara A Ramallosa (PO-340). Isto suporá restricións de tráfico en Gondomar de 14:00h a 15:30h. Ademais, haberá cortes de tráfico na PO-341 ao paso da carreira por Couso e Morgadáns (Dirección Murxido-Prado) arredor das 16:00h. Agradecemos a colaboración da veciñanza e convidámosvos a vivir este gran evento deportivo dende as nosas rúas. Horarios aproximados

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • Gondomar / Tarde FreeStyle

     Goza da túa experiencia FREESTYLE en Gondomar! O venres 12 de setembro, de 18:00h a 21:00h, o Campo de Fútbol das Cercas converterase nun espazo cheo de deporte, música e diversión para a mocidade. Teremos un Show Freestyle, onde especialistas desta disciplina sorprenderannos cunha exhibición na que mesturan fútbol da rúa e acrobacias espectaculares, controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo… sempre ao ritmo da música . Despois do espectáculo, será a vosa quenda! Poderedes aprender e practicar algúns destes trucos a través de obradoiros participativos. Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse a partir do 1 de setembro, chamando ao  986 369 746 en horario de 08:00h a 14:00h. A música non faltará, con DJ en directo animando a xornada. E para completar a experiencia, poderedes gozar de xogos gratuítos como a canastra eléctrica, a pista subsoccer ou o air hockey. Actividade dirixida á mocidade a partir de 13 anos, totalmente de balde. Máis información en: concellodegondomar.gal

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • PEQUEFREAK

    A V edición do Pequefreak celebrarase  no C.C. Plaza Elíptica, e dentro deste, na sala Apo’strophe.arte e nos Cines Tamberlick. Un evento único na contorna de Vigo no que os cativos poden desfrutar da experiencia de vivir o seu primeiro festival de cinema. Xa están dispoñibles as entradas na web do festival.

  • Mos / Teatro en Familia

    Auditorio centro dotacional de torroso

     Teatro en familia en Torroso Este domingo 21 de setembro ás 18:00h o Auditorio do Centro Dotacional de Torroso encherase de xogo, baile, creatividade, alegría e comedia coa obra “Os Limpa Limpa” da compañía Expresións Producións. Un espectáculo familiar que transforma unha tarefa cotiá como limpar cristais nun universo único cheo de humor e fantasía. Non faltes a esta cita co teatro en Mos!#MosEnFamilia #Teatro #CulturaEnMos #OsLimpaLimpa #somosmos #concellodemos

  • Redondela / Mesa de Voces Polo Alzheimer

    Multiúsos Piñeiral do Crego

     Conmemoramos do Día Mundial do Alzheimer cunha mesa redonda na que participan expertos en xeriatría, Centros de Día, persoal de Servizos Sociais e familiares. Luns 22 de setembro ás 10.30 no auditorio do Piñeiral do Crego, CHAPELA. Entrada aberta a todo público interesado ata completar aforo

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • Mos / Tómbola Benéfica AECC MOS

    Pazo de Mos

     O 27 de setembro, o Pazo de Mos acollerá unha tómbola benéfica en favor da Asociación Española Contra o Cancro. Programa: 11:00 – Coral O Son dos Cantares de Tameiga 11:30 – Coro Galego Abrente 17:00 a 20:00 – Obradoiros infantís 17:00 – Iker Faure 18:00 – Alumnado Escola Patricia Martínez Ao longo de todo o día estará instalada a tómbola solidaria en beneficio da AECC. Contamos contigo! Mos solidario contra o cancro.#Mos #Solidariedade #AECC #ContraOCancro #mosenmarcha #somosmos #concellodemos

  • Baile en línea en Salceda de Caselas

    Comezan as clases de baile en línea no Centro Social a Devesa! Se che gusta a música e o bo ambiente esta é a túa oportunidade, xa que o primeiro mes será gratuíto! O baile en línea báilase solto polo que non precisas parella de baile para anotarte! Parabéns á asociación Mulleres Rurais Caselas por organizar esta actividade que comeza en outubro na Devesa e será os martes de 19.00h a 20.00h. Inscricións no 669 880 265.

  • Mos / FESTIVAL ALFACUCA PICNIC

    FESTIVAL ALFACUCA PICNIC O sábado 11 de outubro, a Aldea Alfacuca convértese no corazón do rural con música, roteiros, picnic colectivo, obradoiros, foodtrucks, espazo Imascotas, actividades familiares e moito máis! Comezamos ás 11:00h coa andaina polo Monte de Louredo e seguimos todo o día celebrando o que nos une: o medioambiente, a cultura e a alegría de compartir. Vístete do rural, trae á túa familia, ás túas mascotas e vive unha xornada única no Festival Alfacuca Picnic. Aldea Alfacuca 11 de outubro Entrada libre #Coidamos #FestivalAlfacucaPicnic #OutonoNoRural #VísteteDoRural

  • Mos / Kids and Us

     STORYTIME CON KIDS&US: “PHANTOM MANOR” .Unha historia chea de maxia, misterio e diversión en inglés!.As máis pequenas e pequenos (de 3 a 8 anos) viaxarán ao enigmático Phantom Manor, onde aprenderán mentres se divirten e deixan voar a súa imaxinación. Sábado 11 de outubro 12:00 h Festival Alfacuca Picnic

  • Soutomaior / Xornada María Vinyals

    XORNADA ‘María Vinyals, unha aristócrata que desafiou ao seu tempo’CONMEMORACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DE MARÍA VINYALS DATA: SÁBADO 25 DE OUTUBRO DE 2025Multiusos de Arcade | 150 prazas | de balde👉 Inscricións en liña en www.soutomaior.gal ata o 22 de outubro de 2025 Homologación provisional de créditos de formación do profesorado. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Diploma de asistencia. PROGRAMA: 10:00h Inauguración institucional 10:15h Relatorio inauguralAurora Marco: “María Vinyals e a súa época” 11:15h Mesa “De Galicia a Cuba”M.ª Ángela Comesaña. “María Vinyals nos fondos do Museo de Pontevedra”Ricardo L. Hernández. “María Vinyals na documentación cubana” 12:30h Pausa - café 13:00h Mesa “As fontes sobre María Vinyals”Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel. “e-Vinyals: Epistolario dixital de María Vinyals”Silvia Cernadas. “O pensamento de María Vinyals a través da súa produción xornalística” 14:00h - 16:00h Tempo de xantar 16:00h Mesa “O contexto familiar”Pablo Ramírez. “O marqués de la Vega de Armijo, tío de María Vinyals”Diego Piay. “A memoria familiar de María Vinyals” 17:15h Relatorio de clausuraLuís Fariña. “Vida e traxectoria de Enrique Lluría” 18:15h Pausa – café 18:45h Teatro ‘Catro pezas para un Castelo’Escola Municipal de Teatro para persoas adultas.Unha peza creada neste 2025 onde Vinyals convida a Pardo Bazán, a Valle-Inclán e a Castelao a pasar unha semana no Castelo de Soutomaior para que participen nun xogo artístico. 19:45h – 20:00h Peche institucionalDegustación do viño ‘María Vinyals’ Durante toda a xornada. Exposición sobre María Vinyals de José Luis López Carregal.Visitas guiadas.