• Gondomar / LA VUELTA 25🚴‍♀

    LA VUELTA 25 pasa por Gondomar! O vindeiro martes 9 de setembro a nosa vila será protagonista de la 80° edición de La Vuelta Ciclista a España 2025. Praza Paradela De 14:15h a 14:45h estará a caravana publicitaria repartindo merchandising Hora de paso por Gondomar Ás 14:45h o dispositivo de seguridad e corredores partirán dende a baixada de San Antoniño cara A Ramallosa (PO-340). Isto suporá restricións de tráfico en Gondomar de 14:00h a 15:30h. Ademais, haberá cortes de tráfico na PO-341 ao paso da carreira por Couso e Morgadáns (Dirección Murxido-Prado) arredor das 16:00h. Agradecemos a colaboración da veciñanza e convidámosvos a vivir este gran evento deportivo dende as nosas rúas. Horarios aproximados

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • Gondomar / Tarde FreeStyle

     Goza da túa experiencia FREESTYLE en Gondomar! O venres 12 de setembro, de 18:00h a 21:00h, o Campo de Fútbol das Cercas converterase nun espazo cheo de deporte, música e diversión para a mocidade. Teremos un Show Freestyle, onde especialistas desta disciplina sorprenderannos cunha exhibición na que mesturan fútbol da rúa e acrobacias espectaculares, controlando o balón en diferentes posicións e con distintas partes do corpo… sempre ao ritmo da música . Despois do espectáculo, será a vosa quenda! Poderedes aprender e practicar algúns destes trucos a través de obradoiros participativos. Para participar nos obradoiros é necesario inscribirse a partir do 1 de setembro, chamando ao  986 369 746 en horario de 08:00h a 14:00h. A música non faltará, con DJ en directo animando a xornada. E para completar a experiencia, poderedes gozar de xogos gratuítos como a canastra eléctrica, a pista subsoccer ou o air hockey. Actividade dirixida á mocidade a partir de 13 anos, totalmente de balde. Máis información en: concellodegondomar.gal

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • PEQUEFREAK

    A V edición do Pequefreak celebrarase  no C.C. Plaza Elíptica, e dentro deste, na sala Apo’strophe.arte e nos Cines Tamberlick. Un evento único na contorna de Vigo no que os cativos poden desfrutar da experiencia de vivir o seu primeiro festival de cinema. Xa están dispoñibles as entradas na web do festival.

  • Mos / Teatro en Familia

    Auditorio centro dotacional de torroso

     Teatro en familia en Torroso Este domingo 21 de setembro ás 18:00h o Auditorio do Centro Dotacional de Torroso encherase de xogo, baile, creatividade, alegría e comedia coa obra “Os Limpa Limpa” da compañía Expresións Producións. Un espectáculo familiar que transforma unha tarefa cotiá como limpar cristais nun universo único cheo de humor e fantasía. Non faltes a esta cita co teatro en Mos!#MosEnFamilia #Teatro #CulturaEnMos #OsLimpaLimpa #somosmos #concellodemos

  • Redondela / Mesa de Voces Polo Alzheimer

    Multiúsos Piñeiral do Crego

     Conmemoramos do Día Mundial do Alzheimer cunha mesa redonda na que participan expertos en xeriatría, Centros de Día, persoal de Servizos Sociais e familiares. Luns 22 de setembro ás 10.30 no auditorio do Piñeiral do Crego, CHAPELA. Entrada aberta a todo público interesado ata completar aforo

  • Pincho Folk/ Salceda de Caselas

    Chega a VIII edición da ruta do Pincho Folk! Unha cita á que non podes faltar coa participación de 16 locais da nosa hostelería e dos grupos de gaitas locais! Boa comida, boa música e bo ambiente para as noites de setembro!

  • Mos / Tómbola Benéfica AECC MOS

    Pazo de Mos

     O 27 de setembro, o Pazo de Mos acollerá unha tómbola benéfica en favor da Asociación Española Contra o Cancro. Programa: 11:00 – Coral O Son dos Cantares de Tameiga 11:30 – Coro Galego Abrente 17:00 a 20:00 – Obradoiros infantís 17:00 – Iker Faure 18:00 – Alumnado Escola Patricia Martínez Ao longo de todo o día estará instalada a tómbola solidaria en beneficio da AECC. Contamos contigo! Mos solidario contra o cancro.#Mos #Solidariedade #AECC #ContraOCancro #mosenmarcha #somosmos #concellodemos

  • Baile en línea en Salceda de Caselas

    Comezan as clases de baile en línea no Centro Social a Devesa! Se che gusta a música e o bo ambiente esta é a túa oportunidade, xa que o primeiro mes será gratuíto! O baile en línea báilase solto polo que non precisas parella de baile para anotarte! Parabéns á asociación Mulleres Rurais Caselas por organizar esta actividade que comeza en outubro na Devesa e será os martes de 19.00h a 20.00h. Inscricións no 669 880 265.

  • Mos / FESTIVAL ALFACUCA PICNIC

    FESTIVAL ALFACUCA PICNIC O sábado 11 de outubro, a Aldea Alfacuca convértese no corazón do rural con música, roteiros, picnic colectivo, obradoiros, foodtrucks, espazo Imascotas, actividades familiares e moito máis! Comezamos ás 11:00h coa andaina polo Monte de Louredo e seguimos todo o día celebrando o que nos une: o medioambiente, a cultura e a alegría de compartir. Vístete do rural, trae á túa familia, ás túas mascotas e vive unha xornada única no Festival Alfacuca Picnic. Aldea Alfacuca 11 de outubro Entrada libre #Coidamos #FestivalAlfacucaPicnic #OutonoNoRural #VísteteDoRural

  • Mos / Kids and Us

     STORYTIME CON KIDS&US: “PHANTOM MANOR” .Unha historia chea de maxia, misterio e diversión en inglés!.As máis pequenas e pequenos (de 3 a 8 anos) viaxarán ao enigmático Phantom Manor, onde aprenderán mentres se divirten e deixan voar a súa imaxinación. Sábado 11 de outubro 12:00 h Festival Alfacuca Picnic

  • Soutomaior / Xornada María Vinyals

    XORNADA ‘María Vinyals, unha aristócrata que desafiou ao seu tempo’CONMEMORACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DE MARÍA VINYALS DATA: SÁBADO 25 DE OUTUBRO DE 2025Multiusos de Arcade | 150 prazas | de balde👉 Inscricións en liña en www.soutomaior.gal ata o 22 de outubro de 2025 Homologación provisional de créditos de formación do profesorado. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Diploma de asistencia. PROGRAMA: 10:00h Inauguración institucional 10:15h Relatorio inauguralAurora Marco: “María Vinyals e a súa época” 11:15h Mesa “De Galicia a Cuba”M.ª Ángela Comesaña. “María Vinyals nos fondos do Museo de Pontevedra”Ricardo L. Hernández. “María Vinyals na documentación cubana” 12:30h Pausa - café 13:00h Mesa “As fontes sobre María Vinyals”Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel. “e-Vinyals: Epistolario dixital de María Vinyals”Silvia Cernadas. “O pensamento de María Vinyals a través da súa produción xornalística” 14:00h - 16:00h Tempo de xantar 16:00h Mesa “O contexto familiar”Pablo Ramírez. “O marqués de la Vega de Armijo, tío de María Vinyals”Diego Piay. “A memoria familiar de María Vinyals” 17:15h Relatorio de clausuraLuís Fariña. “Vida e traxectoria de Enrique Lluría” 18:15h Pausa – café 18:45h Teatro ‘Catro pezas para un Castelo’Escola Municipal de Teatro para persoas adultas.Unha peza creada neste 2025 onde Vinyals convida a Pardo Bazán, a Valle-Inclán e a Castelao a pasar unha semana no Castelo de Soutomaior para que participen nun xogo artístico. 19:45h – 20:00h Peche institucionalDegustación do viño ‘María Vinyals’ Durante toda a xornada. Exposición sobre María Vinyals de José Luis López Carregal.Visitas guiadas.