Archivos Eventos

PROGRAMA +CONVIVENCIA

O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna.   Para máis información clica nesta ligazón

Presentación do libro “Os anos tranquilos” 25N VIGO/2024

Presentación do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel” (Rúa Joaquín Yáñez, 6-2º andar)

Presentación do libro “Os anos tranquilos” 25N VIGO/2024

Vigo

Presentación do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas  Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel” (Rúa Joaquín Yáñez, 6-2º andar)

CONCERTO DE SANTA ICÍA

Dias da actividade: Sábado 23 de novembro Horarios: 19:00 h Destinatarios/as: Todas as idades - e máis anos Público dirixido: Público Xeral Prazas: Ata completar aforo Acceso: De balde Lugar da actividade: Multiúsos, Arcade  

25N MOS

Mos presenta unha programación do 25N que pretende ‘crucificar’ a violencia machista en todas as súas manifestacións O deseño do cartel deste ano inspírase nesa idea, sobre a que tamén versará o acto central conmemorativo que terá lugar o luns 25 de novembro ás 17:30h na rotonda das Angustias, en Sanguiñeda 25N: - homenaxe ás 40 vítimas de violencia que perderon a vida a man das súas parellas ou ex parellas e ás 11 crianzas vítimas da violencia vicaria, que terá lugar ás 17:30h na rotonda das Angustias, parroquia de Sanguiñeda. - ás 19:00h, no Pazo de Mos, levarase a cabo o Pleno Ordinario mensual, no que se realizará un manifesto de repulsa e acompañamento a dor das familias. CHARLAS E OBRADOIROS PARA O ALUMNADO: Estes días, ademais, lévanse a cabo charlas e obradoiros para o alumnado e as familias dos centros educativos: - unha charla para as familias da ANPA do Ceip Pena de Francia da man da Fiscal Paula Blasco e a avogada do CIM Ana Rodríguez Cabaleiro hoxe mesmo e o 26 de novembro para a ANPA do Ceip Atín-Cela; - para o alumnado do IES o vindeiro día 22 realizarase unha actividade do programa Xénero Educa, do Grupo Koremi, dirixida a alumnado de 1º da ESO co obxectivo de proporcionar ao alumnado ferramentas para recoñecer e identificar as primeiras violencias machistas, - e unha formación para 4º da ESO sobre violencia sexual, concedida pola Dirección Xeral de Loita contra á Violencia de Xénero. #somosMos #crucificaMOSaviolenciamachista somos #igualdade somos #25N !

12:00h 25N SALCEDA DE CASELAS

25N Praza do Concello: 12:00h minuto de silencio Lectura manifesto por parte do alumnado CEP Altamira  Centro de enfermidades neurodexenerativas AFAGA Actividade Interxeracional polo 25N coa participación do alumnado do CRA Raíña Aragonta e usuarios/as do programa cultiva a mente.

ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25N VIGO/2024

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra, Vigo

Alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP De 10:30 a 12:30 h Lugar: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo  Entrada con invitación previa