• Andaina zombi por Vigo adiante

    O Galician Freaky Film Festival quenta motores cunha nova edición desta andaina zombie pola urbe olívica. Os participantes, caracterizados e caracterizados para o momento, camiñarán como mortos viventes, demostrando a súa paixón por este xénero cinematográfico. A Zombie Walk terá lugar o sábado 12 de setembro e será de participación gratuíta, aínda que tamén terá un carácter solidario pois haberá unha recollida de alimentos no MARCO. Tamén no mesmo punto e desde as 17.00 horas estará instalado un posto de maquillaxe para as correspondentes caracterizacións. A andaina arrancará ás 20.00 horas e será un percorrido de 800 metros desde o MARCO ata a Porta do Sol. Finalizado o percorrido, ás 21.30 horas, dará inicio a Pasarela Zombie, onde un xurado escollerá ao gañador desta singular pasarela terrorífica.