Etiqueta #redondela

IV CARREIRA POPULAR INFANTIL DE REDONDELA

O próximo sábado 7 de setembro,Redondela celebrará a cuarta edición da súa carreira popular infantil organizada polo concello e coa colaboración da Asociación Deportiva C.A.R.Todos os nenos e nenas nados entre 2007 e 2022 están covidados a participar.Non o dubidedes e asistide xa! Para máis información clica nesta  ligazón.    

XII ANIVERSARIO C.A.R.

XII ANIVERSARIO C.A.R.O Sábado día 21 de setembro terá lugar a III edición Contrarreloxo por equipos no Concello de Redondela, que conta co patrocinio de RODAVIGO e en colaboración coa ASOCIACIÓN DEPORTIVA C.A.R.Se che gusta o deporte non dudes en asistir! Para máis información acerca deste evento clica nesta ligazón.

XI FESTA POPULAR

A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa! Para máis información clica na seguinte ligazón.

I ANDAINA POPULAR VALLE INCLÁN

Soutomaior e Redondela únense para impulsar unha ruta dedicada a Valle-Inclán. Non o penses e anímate! Se queres saber máis acerca desta andaina non dubides en ver esta ligazón.