#quintela
-
-
Quintela (Redondela), San Mamede e San Antón
O venres 7 de agosto comezan as festas de San Mamede e San Antón de Quintela en Redondela, ás 12:00h. Ás 12:00h misa en honor a San Mamede, cantada pola coral S.L.C. de Reboreda. A continuación: Procesión acompañada pola Agrupación Musical de Redondela. Ás 20:00h gran churrascada. A continuación: Venres eléctrico con Chocolate Sexy, Trío Somoza e América de Vigo.
-
Quintela (Redondela), San Mamede e San Antón
O sábado 8 ás 12:00h será a misa, e ás 20:00h celebrarase unha gran churrascada, que dará paso á música do trío La Noche do Grove e a orquesta Kubo.
-
Quintela (Redondela), San Mamede e San Antón
Domingo 9, a última xornada festiva comezará co pasarrúas da charanga SGHAE. Ás 12:00h celebrarase a misa maior cantada pola Coral San Estevo, seguida de procesión coa Banda de Música Municipal de Redondela. Pola noite haberá actuación sorpresa.
