Todo el día

Coruxo (Vigo), Festas de San Lourenzo

Aquí tes os horarios dos diferentes eventos das Festas de san Lourenzo para o domingo 9: 08:00 h – Salva de bombas e repique de campás 12:00 h – Gran Petardazo para inaugurar las festas Sesión Vermout – Actuación de Airiños do Castelo 13:30 h – Gran tirada de foguetes Noite – Gran verbena a cargo da orquesta Escaparate e o espectáculo de Euphoria Disco Show

Castrelos, Nabuco Opera

Esta é unha das obras mestras de Giuseppe Verdi, unha creación que marcou o inicio da súa ascensión á fama como compositor. Estreouse no Teatro alla Scala de Milán o 9 de marzo de 1842 e chegou posteriormente ao Teatro Principal de Barcelona o 2 de maio de 1844. Ambientada no contexto do conflito bíblico entre hebreos e babilonios, a trama xira arredor de Nabucodonosor, rei de Babilonia, e da súa filla adoptiva Abigaille, quen intenta usurpar o trono babilonio mentres o pobo hebreo loita pola súa liberación. A produción conta cunha escenografía impoñente e un vestiario espectacular que transportarán o público á antiga Mesopotamia. O elenco e o conxunto artístico suman máis de 75 intérpretes (solistas, coro e orquestra). Data:Domingo, 9 de agosto de 2026 Lugar:Auditorio de Castrelos Hora: 22:00 h