#liñares
-
-
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O sábado 12 de setembro, o primeiro día de festa no lugar de Canido, parroquia de San Miguel de Oia pertencente ao municipio de Vigo, dará comezo ás 10.30 horas con pasacais de gaiteiros. Ás 11.30 horas celebrarase o concerto da Banda Escola Lira de San Miguel de Oia e ás 13.00 horas, sesión vermú coa actuación de Los Támega. Ás 18.00 horas terá lugar a baixada do Santo San Miguel, desde a igrexa parroquial ata a ermida dos Liñares, e ás 20.00 horas la Banda Unión Musical de Coruxo ofrecerá un concerto. Pola noite a verbena estará amenizada polo grupo Nueva Fuerza e un Dj.
-
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O domingo 13 de setembro, oficiarse unha misa rezada ás 10.30 horas. Ás 10.00 horas fará a súa entrada a Banda Lira de San Miguel de Oia cun percorrido desde a antiga estación de Canido ata a capela. Ás 12.30 horas oficiarse a misa solemne cantada pola Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia en honra á Virxe dos Liñares e ás 13.30 horas dita banda ofrecerá un concerto. Ás 17.30 horas haberá xogos tradicionais en madeira e ás 19.30 horas, actuación da Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia. A verbena estará a cargo da orquestra Saudade e o trío Tic Tac.
-
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O luns 14 de setembro, ás 10.00 horas celebrarase unha misa rezada e ás 12.00 horas, misa solemne en honra á Virxe do Carmen, cantada pola Coral Riomao. A continuación, concerto de xoldas con pandereteiras. Pola noite celebrarase o Rokmería coas actuacións de Cé Orquestra Pantasma, Väionel, Aphonnic, Josetxu Piperrak e A Polémica Banda dos Bechuchos.
-
Romería Virxe dos Liñares (2026) en Vigo
O martes 15 de setembro, ás 10.45 horas terá lugar o regreso do patrón San Miguel Arcanxo á igrexa parroquial, e ás 12.00 horas celebrarase o concerto da Banda Musical Municipal de Redondela. Ás 17.00 horas terán lugar as tradicionais cucañas e a verbena de fin de festas correrá a cargo da orquestra El Combo Dominicano e a discomóbil La Pachanguita.
