Etiqueta #festa

FESTA MEXICANA EN SALCEDA DE CASELAS

A Asociación Xóvenes A Turonia organiza en colaboración do Concello de Salceda de Caselas no Centro Cultural de Entenza o próximo 7 de setembro a celebración da Festa Mexicana, non quedes sen probar a súa gastronomía. Para máis información clica na seguinte ligazón.  

XI FESTA POPULAR

A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa! Para máis información clica na seguinte ligazón.

XVIII FESTA DA ZORZA

A Asociación de Veciños da parroquia de Ventín organiza a XVIII Festa da Zorza no Concello de Fornelos de Montes coa XII Concentración de vespas e lambretas e a actuación do Trío Armonía. Colabora a Casa Rural de Ventín. Non cha perdas! Para máis información clica na seguinte ligazón.