#festa
Reconquista de Vigo 2024.
Aproxímanse os esperados días da Reconquista: A festa grande de Vigo, a máis emblemática e a máis sorprendente: Transformándose así Vigo nun gran mercado medieval. Podes atopar máis información e os trámites a seguir clicando nesta ligazón.
A BRINCADEIRA DE BOUZAS AMPLÍA OS DÍAS DE FESTA
Chega a súa 16º edición e se festexa durante tres xornadas o próximo mes de maio. Para máis información clica nesta ligazón.
XLII FESTA DOS MAIOS 2024
Este domingo 12 de maio celébrase en Vigo a festa dos Maios, tradicional e moi entretida, non che perdas nada disto e clica xa para saber a programación.
FESTA DA CULTURA-VIGO
O Concello de Vigo e máis a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais está a organizar na Porta do Sol a Festa da Cultura que contará con 22 grupos folclóricos dos barrios e parroquias. Se queres saber máis acerca deste evento clcia na seguinte ligazón.
FESTAS NA HONRA A SANTA MARIÑA – CABRAL 2024
O Concello de Vigo e mais a Comunidade de Montes e Man Común organizan esta festa que conta coa programación que inclúe verbena dous días seguidos coas orquestras A Fórmula e Capitol, Discoteca móvil Chocolate e a Banda de Onte. Ademais, haberá carreira de carros de bolas e unha gran sorpresa o derradeiro día para despedir a festa. Se queres coñecer máis acerca deste evento non dubides en clicar na seguinte ligazón: https://asociacionsmaiv.org/wp-admin/post.php?post=8662&action=edit
Festas na honra a Santa Mariña Vincios-Gondomar
Xa están aquí as festas celebradas en Vincios do día 18 ao 22 de xullo. Non faltes! Se queres saber máis acerca deste evento visita a nosa páxina web.
FOGOS DE BOUZAS: CHEGAN CUNHA GRAN SORPRESA CON HOMENAXE AO CELTA E UNHA MAREA CELESTE
As festas de Bouzas, cos seus coñecidos fogos, vivirán este ano 2024 unha das edicións máis ambiciosas da súa historia adelantando un día a celebración, contando con maior cantidade de fogos, orquestras de primeiro nivel e novas atracciós. E, por suposto, o espectáculo piromusical non vivirá axeno a un dos eventos que marcaron o ano, o Centenario do RC Celta. Se queres saber máis acerca desta festa organizada polo Concello de Vigo, non dubides en visitar a nosa ligazón.
XX FESTA GASTRONÓMICA DE CHANFAINA – FORNELOS DE MONTES
A finais de xullo, a Comisón de festas San Lourenzo de Fornelos de Montes organiza aos pés da serra de O Suído, unha auténtica festa gastronómica de exaltación de produtos autóctonos de moitísima calidade. Se tes curiosidade sobre este evento, non dubides en visitar a nosa ligazón.
SOUTOMAIOR I SEMANA GRANDE
Xa temos aquí a I Semana Grande de Soutomaior: unha festa que permanecerá no recordo dos asistentes. Non o dubides e asiste xa a pasar un rato de ocio. Para máis información acerca desta festa non dubides en visitar a nosa ligazón.
FESTA DA XUVENTUDE DE CHAÍN – GONDOMAR
Esta fin de semana, concretamente o sábado día 3 hai festa organizada polo centro Cultural e Comisión de Festas de Chaín, A Merced. Para máis información acerca deste evento non dubides en clicar na nosa ligazón.
FESTA MEXICANA EN SALCEDA DE CASELAS
A Asociación Xóvenes A Turonia organiza en colaboración do Concello de Salceda de Caselas no Centro Cultural de Entenza o próximo 7 de setembro a celebración da Festa Mexicana, non quedes sen probar a súa gastronomía. Para máis información clica na seguinte ligazón.
XI FESTA POPULAR
A Asociación cultural Froles Mareliñas e artistas da Asociación Traspés organizan en Chapela na Senda Verde unha festa o vindeiro 14 de setembro na que haberá ioga, sesión vermut, escolas de baile e gran verbena ao final do día. Non agardes e pásate xa! Para máis información clica na seguinte ligazón.