Todo el día

XXXIII Revoltallo de Música e Cultura Emerxente en Valadares, Vigo

Nova edición do festival Revoltallo de Música e Cultura Emerxente, que tená lugar desde o 18 ao 20 de setembro na Carballeira do Pedregal de Valadares, en Vigo. Como cada ano o programa incluirá exhibicións, obradoiros e actuacións musicais de artistas e grupos emerxentes e doutros xa consagrados. E a entrada é de balde! Programación do domingo 20 12:00 – Obradoiro– Extracción de melodías dun anaco de madeira con cordas con Óscar Avendaño. 13:00 – Sesión Vermú con Beto ZZZ. 17:00 – Obradoiro– Roda de Percusión para Tod@s con Paulo Silva. 18:30 – Huntrix – Guerreiras do K-Pop do Reino de Titanium. 20:00 – Wöyza en formato acústico no Auditorio.      

Festas de A Fraga de Vincios (2026) en Gondomar

O domingo 20 de setembro, comeza a xornada matinal coa actuación da charanga Os Charamujas ás 11.00 horas. A continuación celebrarase a misa solemne e as tradicionais poxas, dando paso á actuación da citada charanga. Pola tarde, ás 17.00 horas levaranse a cabo as cucañas e durante a noite terá lugar unha espectacular verbena fin de festa co grupo Origen e o trío Tic Tac.