#Andaina
Eifonso Trail 2026
O monte vigués de Beade e Bembrive será, un ano máis, escenario do Eifonso Trail, unha das citas de referencia do trail running na cidade olívica. A proba, organizada en torno ao Centro Cultural Helios, mantén o seu percorrido característico entre sendeiro e monte, pero incorpora esta temporada unha novidade que marca a diferenza: a carreira disputarase integramente en horario nocturno. A organización deseñou tres modalidades para adaptarse a todos os niveis. A distancia raíña, TRAIL, propón 16 kilómetros e máis de 800 metros de desnivel positivo por un trazado técnico e esixente, cunha primera metade de ascenso continuo e un tramo final de baixada que promete sorprender aos participantes. Para quen prefira unha experiencia máis curta pero igualmente intensa, MINI TRAIL ofrece 11 kilómetros e 550 metros de desnivel, pensada tanto para corredores con experiencia como para quen se inicia no trail. Completa a oferta a ANDAINA, un percorrido de 9 kilómetros e 400 metros de desnivel que discorre por zonas de menor dificultade técnica, ideal para desfrutar a pé dos montes vigueses sen renunciar ao entorno natural. Lugar: Bembrive, Vigo. Data e hora: sábado 3 de outubro de 2026 en horario nocturno. Inscricións a través da seguinte ligazón.
