#Andaina
Andaina Mos-Monte Aloia
Andaina ata o Monte Aloia, cuxo punto de partida estará situado na Asociación de Veciños de Herville. A andaina terá lugar o 27 de Setembro a partir das 09.30 horas, levarase a cabo por camiños forestais e terá un percorrido de 22 quilómetros. Os participantes poderán acudir coa súa propia comida para tomar no Monte Aloia, a organización facilita o transporte de neveiras ata o cumio do Monte Aloia se se entregan ás 09.15 horas na furgoneta municipal disposta no punto de encontro. No alto do monte, a xornada amenizarase con música tradicional, empanadas, auga, roscón e café. O regreso a pé está programado para as 16.00 horas, aínda que quen prefira volver en vehículo privado deberá xestionalo pola súa conta e notificalo ao inscribirse.
Redondela, roteiros ambientais e culturais
O Concello de Redondela segue co seu programa mensual de roteiros para dar a coñecer os valores ambientais do concello. Este domingo 27: Ruta "Os Montes de Ventosela" (17:30 - 20:30 h) Información e Inscricións: As prazas son limitadas e con reserva na Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños), no 986401713 ou turismo@redondela.gal
