Archivos Eventos

SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS OU ENTIDADES VINCULADAS A SECTORES A SECTORES ECONÓMICOS DE GALICIA, DESTINADOS ÁS PERSOAS MOZAS INSCRITAS E BENEFICIARIAS DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Se queres fomentar a formación e a inserción laboral dos xoves, infórmate sobre estas subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas inscritas no SNGX. Para máis información clica na seguinte ligazón  

IV PREMIO SESÉ MATEO DE XORNALISMO ÉTICO NO TRATAMENTO DA VIOLENCIA MACHISTA

 O Concello de Redondela outorga o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo que pretende premiar a aqueles ou aquelas profesionais do xornalismo que, ademais de informar, o saiban facer con ética, fuxindo do sensacionalismo e tendo coidado coa intimidade das vítimas e das persoas superviventes máis vulnerables. Tamén daquelas persoas que, con valentía, atendan a esta secuela do patriarcado e do machismo como se merece: sinalando a súa profunda raíz e alentando a toda a sociedade a arrincala de vez. Para máis información clica na seguinte ligazón.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE FESTAS TRADICIONAIS, PATRONAIS, COPATRONAIS, GASTRONÓMICAS, FESTIVAIS FOLCLÓRICOS E ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS (PERÍODO 2023 – 2024)

O Servizo de Festas Especiais da Concellería da Área de Parques e Xardíns, Comercio e Festas Especiais do Concello de Vigo desenvolve programas de festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais durante o período comprendido entre o 1 de novembro do ano 2023 ata o 31 de outubro do ano 2024, na cidade de Vigo. Se te dedicas ó mundo das festas,xa tes aquí as subvencións do teu interese! Para máis información clica na seguinte ligazón.