SUBVENCIÓNS E AXUDAS
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Deputación de Pontevedra presenta as subvencións e a súa convocatoria para o ano 2024, para desenvolver proxectos, programas e actividades centrados en conseguir a igualdade entre mulleres e homes e loitar contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2024. Para máis información clica aquí.
PLAN +XUVENTUDE PARA CONCESIÓN DAS AXUDAS Á POSTA EN MARCHA DE INICIATIVAS DE INTERESE SOCIAL 2024
O Servizo de Xuventude e Reto Demográfico creouse para promover a participación da xuventude da provincia de Pontevedra e garantir as condicións necesarias para que esta poida desenvolver proxectos de vida no seu lugar de orixe. Para isto convócanse estas axudas en concorrencia competitiva. Para máis información clica neste ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE E ACTUACIÓN DO PLAN CORRESPONSABLES
Concesión de subvencións destinadas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o ano 2024 coa finalidade de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional. Clica nesta ligazón para máis información.
CONVOCATORIA PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA
Apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables limitados a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos en réxime de autoconsumo. Para máis información clicka nesta ligazón.
CEPES PUBLICA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO EMPRENDEMENTO SOCIAL
A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), en calidade de Organismo Intermedio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), cofinanciado polo FSE+, lanzou unha convocatoria de axudas a entidades de economía social cunha dotación de 20.850.000 millóns de euros. O período de execución da convocatoria será desde o 1 de enero de 2024 ao 31 de decembro de 2026. As operacións seleccionadas terán unha duración máxima de 72 meses e mínima de 68. Podes atopar máis información e os trámites a seguir clicando nesta ligazón.
AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLLERES 2024
A Secretaría Xeral da Igualdade convoca dúas liñas de axudas para impulsar e dinamizar a vida interna das asociacións de mulleres, na procura da potenciación dos valores e finalidades destas entidades. Máis información na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO PARA O APOIO AO DESENVOLVEMENTO DE FESTIVAIS AUDIOVISUAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA NO ANO 2024
Descubre estas subvencións dirixidas a apoiar entidades sen fins de lucro no desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia de Pontevedra no ano 2024. Máis información na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS E OBRAS QUE EMPREGUEN PRODUTOS DE MADEIRA
Vas facer unha reforma ou obra con produtos de madeira e formas parte dunha asociación ou peme? entonces isto interésache. Para máis información na seguinte ligazón.
PROGRAMA +CONVIVENCIA
O programa “+Convivencia” configúrase como un instrumento encamiñado ao fomento da participación, da convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia de Pontevedra, ofrecéndolle alternativas de ocio e tempo de lecer á poboación, impulsando a convivencia e o intercambio de experiencias, ao tempo que se garante a igualdade de oportunidades de colectivos con discapacidade. Paralelamente favorecerá a dinamización do tecido empresarial local en canto á contratación de pequenas e medianas empresas de autocares, restauración, axencias de viaxes etc. da contorna. Para máis información clica nesta ligazón
PROGRAMAS DE SAÚDE PÚBLICA NO CAMPO DA PROMOCIÓN DA SAÚDE DA POBOACIÓN XITANA
Se es unha asociación que conta entre o seu obxecto social ou os seus fins desenvolver proxectos relacionados co colectivo de etnia xitana non dubides en solicitar este programa! Máis información na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS 2024
Se vas levar a cabo un proxecto e artes escéncias xa podes solicitar a subvención que a Xunta de Galicia destina a impulsar a creación, produción e difusión de espectáculos teatrais,danza e outras formas de arte no territorio galego. Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES A TRAVÉS DAS PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E A CULTURA COMUNITARIA
O Instituto das Mulleres publicou a segunda convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria para o ano 2024. Se che interesa deixámoste máis información na nosa ligazón.