ACTIVIDADES
Festividad en honor a la Virxe das Dores
Os veciños da parroquia de Torroso, no municipio de Mos, celebrarán a súa festa relixiosa na honra da Virxe das Dores. Unha nova edición da Festa dos Callos, os tradicionais actos litúrxicos evariadas actuacións musicais, serán os actos programados para a ocasión. Venres 2 de Outubro, a festividade na honra da Virxe das Dores que terá lugar na parroquia de Torroso,no municipio de Mos, dará comezo ás 21.30 horas cunha orellada de balde no recinto de festasanimada polo grupo Silandeiros e o DJ Jano Méndez Eventos.
Meigas, monólogo de ARANTXA TREUS e JAZMIN ABUÍN en Arcade
Venres, 2 de outubro Monólogos ‘Meigas’ Arantxa Treus e Jazmin Abuín unha proposta divertida e con moita retranca para desfrutar do talento feminino na comedia onde se mestura actualidade e moitas risas. Público xeral | 20:30 h | Multiúsos (Arcade) De balde | Ata completar aforo.
