ACTIVIDADES
Vigo, romaría de San Roque
Nova edición do San Roque, a romaría urbana de Vigo, que vai do venres 14 ao luns 17 (que será festivo en Vigo). A axenda pra o venres 14 é: 19:00 h. Apertura da finca 22:00 h. Concerto de San Rockers 00:00 h. Concerto de Seguridad Social
Vigo, Interplanetario IX, 2026
Do 14 ao 16 de agosto, o Auditorio Mar de Vigo converterase no epicentro internacional dos xogos de guerra con miniaturas ao acoller a 9.ª edición do Interplanetario. Este evento, centrado nos universos de *Infinity* e *Warcrow*, reunirá na cidade de Vigo xogadores de toda España, Europa e outros continentes.Un dos grandes atractivos do evento será o torneo de *Infinity* —considerado a principal competición internacional deste xogo—, no que os participantes loitarán polo título de campión mundial. O programa tamén inclúe dous importantes torneos globais, sesións de "pintura rápida" para os afeccionados á pintura de miniaturas, a sexta edición dos Crow Awards (un concurso de pintura organizado por Corvus Belli) e o desafío "Ninja Pulpi Warrior". A programación complétase con mesas redondas, charlas informativas, partidas de exhibición e obradoiros dirixidos tanto a xogadores veteranos como a principiantes neste eido Lugar: Auditorio Mar de Vigo. Data e horario: Do venres 14 ao domingo 16 de agosto de 2026.
Castrelos, Viva Suecia
A banda murciana Viva Suecia chega a Vigo no marco da súa xira "Hecho en tiempos de paz". A actuación terá lugar o venres 14 de agosto no Auditorio de Castrelos. Viva Suecia é unha destacada banda española de indie; o seu cuarto álbum, *El amor de la clase que sea*, acadou o número un en vendas e obtivo a certificación de platino. Actualmente contan con 1,4 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Data:Venres, 14 de agosto de 2026 Lugar:Auditorio de Castrelos Hora:22:00 h Prezo:Compra de entradas: https://vigoenfestas.cliqueo.es/es/
Pazos de Borbén, Festas de Santa María
As festas en honra a Santa María comezan o venres 14 ás 22:30 h coa gran verbena de apertura, coas actuacións de La Tremenda e Antonio Barros.
