VISITAS GUIADAS POR ARCADE
En Arcade, Soutomaior, estase a organizar un evento que non te podes perder, con prazas limitadas e de balde. Inscríbete xa! Para máis información clica na seguinte ligazón.
CHURRASCADA DE O BORRALLIÑO EN SALCEDA DE CASELAS
A Comisión de Festas San Liborio 2025 organiza en O Borraliño, Salceda de Caselas, acollerá a celebración dunha gran churrascada onde os asistentes poderán tomar un delicioso menú e desfrutar cos xogos máis populares. Para máis información clica na seguinte ligazón.
XIII 10 KMS – ALFONSO MORO
O 08 de setembro, o Club ADN Runners-Telmo Perruqueiros organiza a XIII 10 Km do Berbés coa colaboración da Autoridade Portuaria de Vigo e coa Asociación de Familias Personas con Parálisis Cerebral (APAMP).Se che gusta sair a correr xa tes aquí o evento que pode ser do teu agrado. Para máis información clica na seguinte ligazón.
AXUDAS ÁS ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN FINS DE LUCRO 2024
Se eres unha escola de música dependente dunha asociación sen ánimo de lucro, xa tes aquí información interesante das axudas que podes solicitar. Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS OU ENTIDADES VINCULADAS A SECTORES A SECTORES ECONÓMICOS DE GALICIA, DESTINADOS ÁS PERSOAS MOZAS INSCRITAS E BENEFICIARIAS DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
Se queres fomentar a formación e a inserción laboral dos xoves, infórmate sobre estas subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas inscritas no SNGX. Para máis información clica na seguinte ligazón
SUBVENCIÓNS PARA FOMENTAR O EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN EN COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
Se eres unha entidade sen ánimo de lucro e entre os teus obxectivos están fomentar o emprego nas persoas desempregadas a través da adquisición de experiencia profesional, esta é a túa oportunidade! Para máis información clica na seguinte ligazón.
SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DA CONTRATACIÓN, POR PARTE DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO, DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO
Eres unha entidade sen ánimo de lucro que aposta por fomentar o emprego neste colectivo vulnerable? Entonces isto interésache! Para máis información clica na seguinte ligazón.
IV PREMIO SESÉ MATEO DE XORNALISMO ÉTICO NO TRATAMENTO DA VIOLENCIA MACHISTA
O Concello de Redondela outorga o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo que pretende premiar a aqueles ou aquelas profesionais do xornalismo que, ademais de informar, o saiban facer con ética, fuxindo do sensacionalismo e tendo coidado coa intimidade das vítimas e das persoas superviventes máis vulnerables. Tamén daquelas persoas que, con valentía, atendan a esta secuela do patriarcado e do machismo como se merece: sinalando a súa profunda raíz e alentando a toda a sociedade a arrincala de vez. Para máis información clica na seguinte ligazón.
CONCERTOS OUTONO, VIGO “UN MAR DE BANDAS”
Como cada ano, o programa do Concello "Vigo, un Mar de Bandas" xunto coa Federación de Bandas Música Populares de Vigo inundará de música varias zonas da cidade. Se eres un apaixoado da boa música animate a vir! Para máis información clica nesta ligazón.
