SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES A TRAVÉS DAS PRÁCTICAS ARTÍSTICAS E A CULTURA COMUNITARIA
O Instituto das Mulleres publicou a segunda convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria para o ano 2024. Se che interesa deixámoste máis información na nosa ligazón.
Verán cultural Salceda de Caselas
Se queres pasar estas festas do Cristo en Salceda de Caselas tes aquí a programación completa. Para máis información deixámoste a ligazón do evento.
AXUDAS PARA PROXECTOS COLECTIVOS FINANCIADOS POLO FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DE ACUICULTURA
Grazas a FEMPA, se eres unha asociación ou confraría relacionada co mundo da pesca, tes aquí as subvencións do teu interese. Para máis información acerca desta subvención clica nesta ligazón.
FESTAS NA HONRA A SANTA MARIÑA – CABRAL 2024
O Concello de Vigo e mais a Comunidade de Montes e Man Común organizan esta festa que conta coa programación que inclúe verbena dous días seguidos coas orquestras A Fórmula e Capitol, Discoteca móvil Chocolate e a Banda de Onte. Ademais, haberá carreira de carros de bolas e unha gran sorpresa o derradeiro día para despedir a festa. Se queres coñecer máis acerca deste evento non dubides en clicar na seguinte ligazón: https://asociacionsmaiv.org/wp-admin/post.php?post=8662&action=edit
Festas na honra a Santa Mariña Vincios-Gondomar
Xa están aquí as festas celebradas en Vincios do día 18 ao 22 de xullo. Non faltes! Se queres saber máis acerca deste evento visita a nosa páxina web.
FOGOS DE BOUZAS: CHEGAN CUNHA GRAN SORPRESA CON HOMENAXE AO CELTA E UNHA MAREA CELESTE
As festas de Bouzas, cos seus coñecidos fogos, vivirán este ano 2024 unha das edicións máis ambiciosas da súa historia adelantando un día a celebración, contando con maior cantidade de fogos, orquestras de primeiro nivel e novas atracciós. E, por suposto, o espectáculo piromusical non vivirá axeno a un dos eventos que marcaron o ano, o Centenario do RC Celta. Se queres saber máis acerca desta festa organizada polo Concello de Vigo, non dubides en visitar a nosa ligazón.
SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA E ENTIDADES LOCAIS NO PROGRAMA DE VOLUNTARIADO XUVENIL
Se estás pendente das interesantes subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais para contratar persoas mozas de idades comprendidas entre 16 e 30 anos, xa están dispoñibles, non perdas a ocasión de informarte! Para máis información sobre esta subvención, non dubides en visitar a nosa ligazón.
